Facer fronte ao reto demográfico pasa por "fixar poboación no rural"

Edelmira Barreira lembrou que as políticas deben afectar ao emprego, os servizos sociais, a igualdade de oportunidades e a conciliación


|

Edelmirabarreira


A comisionada do Goberno para o reto demográfico, Edelmira Barreira, fixo fincapé na importancia de poñer en marcha "políticas transversais" e de "fixación de poboación no rural" para loitar contra o problema demográfico.


Nunha entrevista concedida á Radio Galega, a comisionada lembrou que as políticas nesta liña deben afectar o emprego, aos servizos sociais, á igualdade de oportunidades e á conciliación laboral.


Así mesmo, incidiu na necesidade de fixar poboación no rural facendo que os servizos "sexan iguais" tanto para os que viven nesta zona como para os que residen en áreas urbanas.


En Galicia, apuntou Barreira, "xa se puxeron en marcha plans de dinamización demográfica", uns proxectos que "hai que colocar na axenda política".


Neste sentido, destacou que o reto demográfico conta coa atención de todos os partidos, xa que "hai unha preocupación compartida". "Pretendemos levar o acordo á Unión Europea. A axenda de Europa está centrada no envellecemento activo e a nosa idea é levar unha dimensión máis ampla", apuntou.


Na axenda da comisionada está traballar coas comunidades autónomas para "poñer en marcha un foro no que se intercambien as posibles propostas que se fagan no Senado" e desenvolver a estratexia necesaria para abordar o problema demográfico.

relacionada Arrinca en Galicia a rolda de contactos para facer fronte ao reto demográfico
relacionada Rajoy elixe unha galega para "facer fronte ao reto demográfico"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE