O sector madeireiro rexeita as limitacións á expansión do eucalipto en Galicia

Avogan por unha regulación "meditada e ordenada do cultivo do eucalipto", e opóñense ao borrador do decreto que regula esta especie. 


|

Eucalipto 1


A cadea de valor da madeira manifestou este venres, na reunión do Consello Forestal de Galicia, o seu "oposición firme" ao borrador de decreto que regula o eucalipto.


Segundo informou o Clúster da Madeira, a oposición, apoiada polas principais asociacións do sector, está fundamentada en que "a actual lexislación forestal xa establece unhas claras limitacións á expansión do cultivo de eucalipto en Galicia".


"No caso de cumprir a normativa sectorial existente --na actualidade--, non sería posible plantar novos eucaliptos nos espazos naturais protexidos da Rede Natura 2000 de Galicia, nin nas terras agrarias, nin tampouco nas superficies forestais ocupadas por frondosos caducifolias autóctonas".


Así, as asociacións cre que unha "eucaliptización de Galicia" xa non é posible coa norma actual, posto que os espazos do monte que quedarían para as novas plantacións de eucaliptos "serían unicamente unha porcentaxe moi limitada da superficie forestal galega".


Nesta liña, o Clúster considera que este borrador de decreto "non engade protección adicional nin aos espazos naturais protexidos, nin ás masas de frondosos existentes, nin ás terras agrarias dos concellos aos que afectaría a aplicación desta proposta".


"Pola contra, si lles impediría aos veciños destas zonas o cultivo forestal dunha especie que, debidamente ordenada e xestionada de forma sustentable, ten o potencial de xerar rentas económicas aos propietarios forestais destes concellos dun modo perfectamente compatible coa sustentabilidade e conservación do medio natural", dixo.


A regulación "meditada e ordenada do cultivo do eucalipto", subliñou a entidade, ten que "ir da man doutras medidas complementarias indispensables que equilibren o desenvolvemento do monte galego", como "incentivos para a xestión sustentable das masas frondosas caducifolias". "Estes son os verdadeiros retos: integrar e desenvolver propostas que dean potencialidade e valor económico ás especies forestais que se queren promover e protexer", apostilaron.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE