Pepe Mel será o novo adestrador do Deportivo

Ex futbolista con 300 partidos xogados e 16 anos de experiencia nos bancos, será o encargado de reconducir a situación do club.


|

Pepemel2


Pepe Mel, favorito desde que o Dépor rescindiu o contrato a Gaizka Garitano, chegou a un principio de preacordo co club para converterse no novo adestrador do equipo branquiazul ata, polo menos, final de tempada, segundo informa na súa web La Voz de Galicia.


De pecharse o acordo, Mel será o encargado de reconducir a mala racha do Dépor que lle custou o posto a Garitano. O adestrador, que tivo no Betis a súa última estación, chega á Coruña co ex xogador Roberto Ríos como segundo adestrador e David Gómez como preparador físico, informa na súa web a CRTVG. Ás súas costas ten unha carreira de futbolista con 300 partidos xogados e máis de 16 anos de experiencia nos bancos


Este mesmo martes Mel dirixirá o seu primeiro adestramento, que foi posposto para as cinco da tarde. A chegada do novo preparador físico supón que Julio Hernando será recolocado, a pesar de que Garitano se amosara optimista esta mañá na súa despedida sobre a continuidade do preparador. 


O seu primeiro partido será ante o Atlético de Madrid este xoves, partido que se presupón que empezará a preparar mañá pola tarde cos branquiazuis en Abegondo.  

relacionada Garitano despídese do Dépor: "Sacariamos adiante a situación"
relacionada O Dépor destitúe a Garitano e busca un substituto inmediato

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE