Garitano despídese do Dépor: "Sacariamos adiante a situación"

O xa ex técnico deportivista asume que non puido cumprir a esixencia do banco herculino, pero confía en que o equipo se salve.


|

Garitanodespedida


Gaizka Garitano acudiu esta mañá a Abegondo para despedirse dos xogadores e dar o seu adeus oficial ante os medios de comunicación. Na súa comparecencia, o técnico dixo asumir que "ante a presión dos malos resultados o club buscou un revulsivo e nestes casos o adestrador é o que paga. Se o club entende que o mellor é isto, acéptoo e oxalá as cousas vaian ben a partir de agora".


O vasco quixo dar as grazas á afección, aos traballadores do Dépor e aos xogadores, así como a "Tino e a súa xunta directiva polo trato recibido e a Richard Barral pola súa honestidade e axuda durante estes meses".


"No proceso e nas formas non teño ningún pero, o club fixo as cousas como as hai que facer", recoñeceu Garitano, quen remarcou que "tanto Richard, coma min, coma Tino, funcionamos moi ben no cara a cara. Nestes casos a sinceridade é o mellor e así o entendemos todos".


O adestrador dixo que chegou "con dous obxectivos claros: poder manter o equipo dunha maneira máis folgada que nos dous últimos anos e para arranxar uns problemas bastante graves no vestiario". O segundo dos obxectivos veo cumprido, "nese aspecto o vestiario hoxe en día funciona". Con todo, é consciente de que a permanencia folgada non parecía posible, pola mala sorte en moitas ocasións, aínda que tamén porque "seguro que fariamos cousas mal".


"A esixencia sabía que era alta cando vin e así ten que ser, este é un gran club e quen non estea á altura non ten sitio", afirmou. Con todo manifestou que "confiaba moito nos xogadores e no meu traballo. Sacariamos adiante a situación. O traballo non o puiden acabar, pero o adestrador que veña acabarao ben.


Sobre a destitución, asegurou que "non existía ningún ultimato, pero o último resultado foi moi doloroso e esas cousas precipitan os acontecementos".


Para terminar a tempada, cre que "o persoal está capacitado para manterse en Primeira. Animicamente necesita un par de resultados bos. Eu tratei de contaxiar ese estado de ánimo, pero os xogadores afrontan as derrotas dunha forma distinta". A Pepe Mel, se ao final chega, deséxalle "a maior das sortes".

relacionada O Dépor destitúe a Garitano e busca un substituto inmediato
relacionada O Dépor sofre en Leganés a derrota máis dolorosa do ano
relacionada Os líderes do vestiario fan piña para cambiar o rumbo do Dépor
relacionada Tino Fernández presentouse en Abegondo para unha charla cos xogadores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE