O Dépor destitúe a Garitano e busca un substituto inmediato

|

Garitanorpdepor


O pobre rexistro de resultados (5 vitorias, 9 empates e 13 derrotas entre Liga e Copa) de Gaizka Garitano terminoulle custando o posto. Veo así o consello de administración do Dépor, que este domingo decidiu prescindir do técnico vasco e buscarlle un substituto para o banco, decisión que aínda non comunicou de forma oficial.


Aínda que nunca se falou dun ultimato, era cantado que o partido ante o Leganés podía ser a pinga que colmaría o vaso da paciencia do Dépor. Menos durou a da afección, que xa a semana pasada comezou a pedir un cambio. Agora, sen apenas colchón co descenso, o pozo vese demasiado preto como para non aferrarse a mover ficha no banco.


Nas quinielas de distintos medios o mellor situado é Pepe Mel, ex do Betis e do Raio, co que ao parecer o Dépor xa está a negociar. Se falla esa carta, na baralla están tamén os ex deportivistas Sergio e Djukic, entre outros.

relacionada O Dépor sofre en Leganés a derrota máis dolorosa do ano
relacionada Tino Fernández presentouse en Abegondo para unha charla cos xogadores
relacionada Os líderes do vestiario fan piña para cambiar o rumbo do Dépor

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress