Todas as cidades galegas terá unha nova residencia de maiores en 2020
Os novos centros, que Feijóo expón como "obxectivo" para esta lexislatura, supoñen máis de 47 millóns de investimento e crearán 500 empregos.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves como "obxectivo de lexislatura" a construción de sete residencias públicas para maiores nas principais cidades galegas, que sumarán 900 prazas, permitirán crear 500 novos empregos e supoñerán máis de 47 millóns de investimento.
Segundo concretou Feijóo, as residencias de Vigo e A Coruña contarán con 150 prazas en cada centro; e as do resto de cidades (Ferrol, Santiago, Pontevedra, Ourense e Lugo), con 120. A maioría dos residentes, indicou Feijóo, contará con cuartos individuais con baño, ademais doutros equipamentos.
No que respecta ás características das residencias, todas elas dividiranse nas mesmas zonas ou áreas, sendo a residencial a máis ampla, con estancias destinadas ao aloxamento, comedor, barbería, cuarto de enfermería, sala de estar e paseos.
Como "novidade", todos os centros terán unidades xeriátricas e psicoxeriátricas diferenciadas, é dicir, contarán con zonas específicas para "aloxar, coidar e traballar" con residentes que padezan deterioracións ou trastornos cognitivos severos.
O resto das áreas destinaranse a zona social; a atención especializada, que acollerá a consulta médica, as salas de rehabilitación e podoloxía, a farmacia, e unha unidade de enfermería; e a zona de administración e servizos, como lavandería e cociña.
LOCALIZACIÓN POR CIDADES
Por cidades, cun investimento de 8 millóns e unha capacidade de 150 prazas, a parcela proposta para a construción da residencia de Vigo é o actual emprazamento do antigo cuartel de mariñeiría Méndez Núñez (ETEA). A estimación de novos empregos é de uns 90.
En A Coruña, proponse unha parcela próxima ao parque de Eirís, na zona de Tras Hospital, na que se investirán 8 millóns de euros. A previsión de prazas e empregos é idénticas á do centro vigués.
Ourense, pola súa banda, acollerá unha residencia en As Lagoas. A ela destinaranse 6 millóns de euros para 120 novas prazas e permitirá crear 75 empregos.
No caso de Lugo exponse un centro con 120 prazas, 75 traballadores e un investimento de máis de 6 millóns. As propostas de localización neste caso son dous: a parcela Montirón ou no Hospital Xeral, no Barrio da Residencia.
Para a nova residencia de Santiago, no barrio de As Fontiñas, prevese investir un orzamento de 6,4 millóns. Contará con 120 prazas e 75 empregados, igual que o centro de Pontevedra, cun investimento de máis de seis millóns e cuxa localización prevista é o Hospital Provincial. No caso de Ferrol (120 prazas, 75 traballadores e 6,7 millóns de investimento) emprazarase en O Boial.
Escribe o teu comentario