Vítimas do Alvia piden reunirse coa Xunta sobre a comisión de investigación

O presidente da plataforma acudirá ao Pazo do Hórreo o día que se debata a creación desta comisión.


|

Vitimasangrois


As vítimas do accidente ferroviario de Angrois agrupadas na plataforma Alvia 04155 piden ao presidente da Xunta que, coincidindo coa nova celebración dun debate parlamentario ao redor da creación dunha comisión de investigación sobre o sinistro, se reúna con elas.


En concreto, nunha misiva á que tivo acceso Europa Press, o presidente da plataforma, Jesús Domínguez, traslada ao mandatario que o martes 21 acudirá ao Pazo do Hórreo unha representación da asociación para presenciar ese debate.


Así é que agarda que Carlos Vázquez Padín poida ser recibido ese mesmo día para lembrarlle que as vítimas levan tres anos reclamando tanto unha comisión técnica "independente" sobre o ocorrido o 24 de xullo de 2013, como unha comisión de investigación parlamentaria na que "se depuren as posibles responsabilidades políticas".


Ambas, subliña Jesús Domínguez na súa carta, son "imprescindibles para lograr a verdade e a xustiza" polas que as vítimas levan "loitando máis de tres anos". "Chegou a hora de que podamos descansar e non se nos xere aínda máis dor", apela ao presidente.


COMISIÓNS


En canto ao primeiro órgano, no escrito remitido á Xunta, Domínguez sinala que tamén a UE pediu un estudo "independente" tras constatar que a investigación levada a cabo en España pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) "nin é independente nin analiza as causas raíz desta traxedia evitable".


"E non esquezamos que nesta traxedia evitable están involucrados o Ministerio de Fomento e as empresas públicas Renfe, ADIF e Ineco", esgrime para xustificar a apertura dunha comisión de carácter político na Cámara galega.


Coa incógnita de se Alberto Núñez Feijóo se reincorporará súa actividade a semana próxima para asistir ao pleno do Parlamento ou se continuará de permiso polo nacemento do seu primeiro fillo, a carta da Plataforma Vítimas Alvia 04155 diríxese a quen nesa data estea a exercer o liderado do Goberno autonómico.

relacionada O Parlamento volve debater crear unha comisión de investigación de Angrois
relacionada Vítimas de Angrois piden que Rajoy as reciba como fixo cos afectados polo Yak-42
relacionada A Eurocámara reclama unha investigación "independente" do accidente de Angrois

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE