Barcelona acolleu neste luns de subidas máximas das tarifas eléctricas unha reunión, case simbólica, da UpM, unha iniciativa creada na década pasada por Exipto e Francia que fai honra á chamada Conferencia Euromediterránea, constituída na capital de Catalunya en 1995 e que, a pesar dos seus esperanzadores inicios, tivo unha actividade case testemuñal, polo menos, desde o punto de vista político.
Esta vez, a presenza da Xefa da Diplomacia Europea Federica Mogherini e, sobre todo, a de Altos Representantes de Israel, Palestina, Siria e Turquia, pode abrir o melón do diálogo informal sobre o moi convulso mapa de Oriente Próximo: posto que non hai compromiso de documentos oficiais por medio sobre o futuro dunha zona de permanente conflito --no que ningunha gran superpotencia soubo dar coa "tecla da distensión", teimudos como están os Putin, e agora Donald Trump, sen esquecer á China que acaba de pasar por Davos defendendo o libre comercio, en defender as posicións dos seus aliados que só desexan gañar unha guerra caia quen caia para logo negociar "as súas condicións" tras a imposible? derrota do opoñente--.
Por iso, hai que aproveitar os escasos momentos de lucidez dos contendentes para dar pequenos pasos na dirección correcta, que non é outra que a consecución dunha paz xusta para todos.
Israel, a inmortal besta negra do islamismo moderado ou excluínte neste conflito, chega a esta cita coa moral 'a tope', tras a chegada de Trump á Presidencia dos Estados Unidos. E iso, que en principio parece un hándicap para o entendemento, permítelle volver dialogar sen complexos, porque se sente máis forte que coa Administración Obama, que é a que empuxou aos dirixentes de Tel Aviv contra a parede da presión internacional, cuxo punto mais álxido vivímolo baixo presidencia española na recente votación do Consello de Seguridade que tanto enfadou aos israelís, que non admiten pegas, nin sequera a menor crítica pola súa ambiciosa politica de asentamentos nos "chamados territorios palestinos" especialmente nos que están na área metropolitana de Xerusalén.
Oxalá Barcelona saiba ser a verdadeira capital do Mediterráneo e na súa sede se atope eseaestrañada aínda que pequena físgoa desde a que iniciar unha distensión, que a guerra de Siria e a inseguridade interior en Turquia disparou cara aos límites dunha terceira guerra mundial --non recoñecida—que, con moi bo criterio, onte mesmo denunciaba no diario de Prisa o propio Papa Francisco.
Por todo iso, e polo ben de todos, se ese logro se fai realidade, gañaremos todos.
Escribe o teu comentario