Efectos dos parques eólicos sobre a saúde

André Abeledo Fernández

André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xuño de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña.


O macroproyecto eólico de Caaveiro aféctanos de cheo. Un proxecto vergoñoso que por non cumprir nin sequera cumpre coa lexislación vixente. Megamolinos xeradores a uns 269 metros de vivendas, cando a lei marca 500 metros para xeradores moito máis pequenos


Despois de case 20 anos de implantación de parques eólicos de forma masiva preto das vivendas en países como Dinamarca, Francia, Bélxica, Holanda, coñécense xa os graves problemas que provocan na saúde das persoas, feito que carrexou a paralización eólica en Australia, e mesmo que se ditaron sentenzas que obrigan a desmantelar aeroxeradores e parques eólicos por estes motivos.


Coñécese este problema como a “síndrome da turbina eólica” polo que os expertos recomendan a localización dos aeroxeradores a unha distancia de polo menos 2 quilómetros das vivendas. Con todo, algúns parques eólicos están xa construídos ou proxectados a menos de 500 metros de áreas residenciais, pobos ou casas individuais.


“Calquera persoa que viva a unha distancia inferior a 6 km dun parque eólico, debería ser avisada das consecuencias que pode ter para a súa saúde e calidade de vida”.


O ruído, é un dos problemas máis evidentes. As puntas das aspas dun muíño de vento poden chegar a alcanzar unha velocidade de ata 80 metros por segundo o que provoca sons e vibracións e mesmo cambios na presión do aire. 


A iso hai que engadir os infrasonidos ou ultrasóns, e ondas de baixa frecuencia ou de baixa intensidade, sons de frecuencia inferior a 16 Hz. Nos aparellos de maior potencia, de 3Mw, son maiores os infrasonidos, propáganse quilómetros, e poden ocasionar dores de cabeza, problemas de soño, pesadelos nocturnos e problemas de aprendizaxe en nenos, zumbidos nos oídos (tinnitus), irritabilidade, ansiedade, depresión, problemas de concentración e memoria, de equilibrio, mareos e náuseas, cansazo extremo e neurose.


Tamén se pode engadir o efecto estroboscópico ou “efecto discoteca”, que provocan as sombras parpadeantes proxectadas polas aspas ao virar cando o sol está detrás dos muíños, moi estresante e asóciase mesmo a certos problemas de saúde como ataques epilépticos.  Escintileos e fogonazos das luminarias dos aerogenedores pola noite, do mesmo xeito, supoñen un motivo relevante de tensión e de perda de calidade de vida para as persoas que viven preto ou rodeadas de muíños.


Colectivos veciñais, organizacións ecoloxistas e plataformas, grupos de montañeiros e asociacións veciñais e culturais de distintas zonas do rural están en guerra contra o despregamento de parques. A razón é que saben que se aveciña un futuro cun ventilador en todos e cada un dos montes e, por outra e, sobre todo, porque é, simple e sinxelamente, un espolio. 


A min tócame a ameaza do proxecto "Parque Eólico de Caaveiro", a todos os veciños de Anca tócanos loitar se non queremos desaparecer.  O macroproyecto eólico de Caaveiro aféctanos de cheo. Un proxecto vergoñoso que por non cumprir nin sequera cumpre coa lexislación vixente. Megamolinos xeradores a uns 269 metros de vivendas, cando a lei marca 500 metros para xeradores moito máis pequenos e por tanto menos potentes e daniños. 


En Alemaña multiplícase a altura do eólico por 10 para calcular a distancia do aeroxerador das vivendas, neste caso estamos a falar de muíños de 200 metros, así que a distancia sería de 2 kilometros e non de 500 metros. 


Obrigáronnos a movernos e facer alegacións sobre proxectos que non deberían estar sobre a mesa, porque atentan contra a poboación e ata contra a lexislación vixente, obrigáronnos a comezar unha loita e poñer diñeiro dos nosos petos para tratar de frear un abuso, un auténtico acto de agresión contra os intereses dos poboadores dos territorios afectados. 


Para os veciños afectados por estes megaproyectos eólicos os efectos serán demoledores.  Estamos a falar de aeroxeradores de máis de 200 metros de altura que van provocar uns fortes impactos sobre os veciños e o territorio. 

- Os terreos e as vivendas situados ata a 3 kilometros do parque perderán sobre o 30% do seu valor actual.

- O espazo forestal e agrario quedará dependente do macroparque por 30 anos prorrogables.

- As interferencias no uso do chan, en relación ao uso gandeiro, agricola e forestal.

- O grave impacto na paisaxe.

- O impacto sobre a auga, fontes, caudais, traidas, etc,

- O ruído insoportable e constante que ten graves efectos sobre a saúde fisica e mental das persoas. 

- As interferencias que dificultan o funcionamento dos sistemas de telecomunicación, radionavegación aerea, e dos radares. 

- Os accidentes polo desprendemento de pezas.

- O chamado "efecto discoteca" ou parpadeo de sombras das aspas en movemento sobre as casas.

- Non achegan postos de traballo, é unha gran mentira. 

- Agudizan o despoboamento do rural, debido a que a ninguén lle gustaría vivir preto dun parque eólico. A realidade demostra que o 90% dos municipios con parques eólicos perderon poboación. 

- Problemas coa flora. Todos os anos morren miles de animais como consecuencia da produción de enerxía eólica. Os morcegos son os máis prexudicados.

- Non son bos para o ser humano. Pode traer problemas biolóxicos ao ter moita contacto con elas, por iso levantar estes parques tan preto da poboación é un verdadeiro atentado contra a nosa saúde. 


Caaveiro 1

Mosteiro de Caaveiro, próximo a un proxecto de parque eólico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE