A moral política

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Nalgún momento temos escoitado o que é bo e o que é malo. Pero os mesmos feitos que nun país son bos, resultan moi malos noutros. As costumes de cada colectivo non mudan en pouco tempo, e xunto con elas, podemos falar das tradicións de sempre. Estamos falando da moral dun colectivo ou a un grupo de persoas. Polo visto, na Comunidade Autónoma de Madrid, están intentando modificar as regras do xogo democrático (coa meta de estendelo ao resto das comunidades), e tanto os grupos de dereitas como os de esquerdas, avisan de que as políticas dos seus oponentes son moralmente ruíns. Suponse que todos os partidos políticos que se apresentaron ás eleccións non son malos en si mesmos. Se houbese algún, habería que retiralo do escenario político, ou ilegalizalo polo fomento do odio, terrorismo ou calquera outra forma totalitaria. Esto, que eu saiba, non acontece en España. O que pasa é que cando as agrupacións políticas locais non funcionan por problemas de loitas internas, dedícanse a botarlle a culpa á oposición. Ou aos electores, que aínda é moito pior. Poucos poden entender as análises internas daqueles que din ter feito unha excelente campaña, cun fabuloso candidato logo de perder 26 escanos e 500.000 votos. A cidadanía pode estar máis ou menos preparada para votar, pero ao non ver alternativas, propostas, ideias e nova savia que trae ilusión, seguirá rezando en silenzo o rezo dos resignados: “vale mellor mal coñecido que bo por coñecer”.


Pasadas as eleccións na Comunidade de Madrid comezan os insultos. Os que fican no poder teñen insultos dos que perderon. Por outra parte, os que dimiten dos seus cargos ( e poucos deixan o seu cargo neste país), son tratados con xenreira e despedidos entre maledicencias e coprolalias. E en ningún dos casos hai delito?. Agora haberá que esperar a que os que governan Madrid, governen. Porque tal como está a situación, ter o poder non é facer cousas polo ben dos cidadáns, senon fazer o que nos deixen fazer as leis Europeas que moitos descoñecen e coas que poucos se identifican. Chama máis a atención o diñeiro que ven dalá. A resolucións, decretos e normas do Parlamento Europeo, ou da Comisión Europea fican tan lonxe da nosa realidade que até os nosos políticos pensan que poden fazer algo por eles mesmos. Que llo digan ao coletas!


Finalmente, a extrapolación que se fai en clave estatal é errónea desde calquera punto de vista. Haberá que esperar o que acontece en Cataluña e despois, agardar a que os partidos divididos se xunten. Porque se hai algo novo no escenario político e que os que sempre estaban unidos, xa non están. E os que tentaban xuntarse sen conseguilo, parece que governan xuntos.




O exsecretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, le un libro tras cortarse o pelo e deixar atrás o seu icónica coleta.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE