Negacionismos e negacionistas

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

“Mais aínda seguimos aquí, a aturar tempestades de sal, 

resistindo a violencia de mans desas serpes e cans que nos queren calar”.

SÉS: A Coruña, 1982. Tempestades de Sal.


Levamos un ano depesadelo como consecuencia da pandemia da COVID-19. Neste tempo, sucederon moitas cousas, entre elas 2.1700.000 mortes no mundo, 80.000 no estado español e 2.300 na Galicia. Infectados 118 millóns de persoas. O 45% dos falecidos foron en Residencias de Maiores (verdadeiras “ rateiras” para a xente interna nestes centros, case todos en mans de entidades privadas, fondos voitre e a Igrexa). E seguimos padecendo unha enfermidade moi perigosa, que a medicina, baseada na evidencia, pon de manifesto día a día; sabemos moito máis dela e que é moi difícil de rebater con teorías conspiranoicas, moitas veces afastadas da realidade.


O Negacionismo fai unha distorsión ilexítima do rexistro histórico, para provocar que o que o promove benefíciese con teorías máis favorables ou desfavorables, con respecto á evidencia. En principio, tiña como principal tema o Holocausto dos nazis, daquela o Cambio Climático e agora a Pandemia da COVID-19. Compleméntao a propaganda que apela ás emocións para promover un punto de vista diferente ao da evidencia científica. Na mesma liña, o Revisionismo Histórico, a Guerra da Información, a Disonancia cognitiva, as Fake News, o Doblepensar, etc.


Entendemos por Negacionista cando as persoas elixen negar a realidade para evadir unha verdade incómoda. Segundo Paul Ou' Shea, é “o rexeitamento para aceptar unha realidade empíricamente verificable. É, en esencia, un acto irracional que retén a validación dunha experiencia ou evidencia históricas".


En inglés, Denialism (Negacionismo) desde o punto de vista da psicoloxía do comportamento humano, é “a elección que ten unha persoa para negar a realidade como unha maneira de evitar unha verdade psicologicamente incómoda”.


Temosnegacionistas moi “famosos”, que deixan pegada, sobre todo na xente nova: Miguel Bosé, Alaska, Ouka Leele, Andrea Bocelli, Ana Arias, Donald Trump ou Jair Bolsonaro; son algons dos que dubidan da veracidade da pandemia e alentan teorías conspirativas que, por desgraza, están a traer moi malas consecuencias, á parte de irresponsabilidade; non entendemos como as Fiscalías dos países non actúan con toda a contundencia da que son capaces e que lles permite a lei, para evitar este desastre de proporcións épicas.


Pero temos outra xente: Toni Braxton, Robert de Niro, Lisa Bonet, Miranda Makaroff, Alicia Silverstone, Rob Schneider, JimCarrey, Novak Djokovic... que tamén poñen en dúbida a efectividade das vacinas. O mal do negacionismo corríxese lendo!


Os negacionistas non son un grupo uniforme. Non é o mesmo unha nai que rexeita as vacinas para os seus fillos que alguén que conscientemente difunde esa información manipulada por motivos ideolóxicos ou doutro tipo.


O Negacionismo é desinformación. Son as Fake News, as que moita xente está interesada en difundir e “captar” personaxes para a súa causa. Evidentemente, estas accións teñen repercusións, mesmo con mortos por acción ou por omisión da realidade científica. Si nos fixamos nos grandes medios de comunicación, canta máis información dan... máis desinformada está a xente!


O Negacionismo Conspiranóico ten que ser rebatido coa evidencia científica, aínda que pensemos que é de perogrullo o que nós sabemos que é real, e que é unha solemne bobada o que se está rebatendo de forma contraria á realidade; e esta non pode ser posta en dúbida polas persoas que teñen a capacidade de velar pola verdade e, así, temos que saber explicala da forma máis racional si cabe, para que os que non cren na realidade científica non busquen os réditos sociais, políticos e económicos que leva consigo ter adeptos a unha causa non real.


Na nosa man está ter a capacidade de dar explicacións veraces e nas mans dos gobernos a de ser líderes de opinión que verdade científica, explicada de forma que a xente senta segura.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE