A UCI convencional do Hospital de Vigo queda sen sitio e o SERGAS empeza a atrasar operacións cirúrxicas

O Sergas aprazou a realización de sete intervencións cirúrxicas previstas para este luns e este martes no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para evitar a saturación das unidades de coidados intensivos (UCI).

|

O Hospital Álvaro Cunqueiro aínda ten espazo para acoller a enfermos críticos de coronavirus, pero non na UCI convencional, senón na área de reanimación e outras. Para evitar que se saturen tamén as camas pensadas para reanimar a persoas moi graves, suspendéronse xa  sete operacións. 


O primeiro positivo de coronavirus do Cunqueiro sae da UCU


Saída da UCI do Cunqueiro do primeiro positivo de coronavirus confirmado en Galicia na primavera


O Sergas aprazou a realización de sete intervencións cirúrxicas previstas para este luns e este martes no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para evitar a saturación das unidades de coidados intensivos (UCI).


A UCI HABITUAL Ao COMPLETO
Fuentes do Sergas explicaron a Europa Press que este luns se reprogramaron catro cirurxías non urxentes ás que este martes sumouse o aprazamento doutras tres.

Aínda que o hospital aínda dispón de espazo na área de reanimación, a de coidados críticos atópase completa, polo que se adoptou esta medida de modo preventivo para evitar a saturación das UCI ante a evolución da pandemia.


PRAZAS UCI QUE EN PRINCIPIO SON OUTRA COUSA

A área de coidados críticos é o que entedemos como UCI convencional. A maiores, o SERGAS conta como unidades de coidados intensivos as prazas destinadas a reanimación. Ademais, a Xunta di ser capaz de habilitar outras áreas, como quirófanos, de ser necesario. 


Por tanto, a medida do SERGAS implica que a UCI convencional do Hospital Álvaro Cunqueiro está ao 100%. De acordo ás últimas cifras do SERGAS, na área sanitaria olívica hai 19 pacientes covid na UCI do Cunqueiro, 3 en povisa e 1 en Vithas Hospital Nosa Señora de Fátima ademais dos que poida haber por outras circunstancias. 

QUE OPERACIÓNS NON SE APRAZARÁN?
As mesmas fontes insistiron en que o aprazamento só poderase aplicar a intervencións cirúrxicas demorables relacionadas con patoloxías que non impliquen "un compromiso vital nin de calidade de vida" para os pacientes.

Neste sentido, garantiuse a realización nas datas previstas de intervencións cirúrxicas de urxencia, prioridade 1 e oncolóxicas.

Segundo datos do Sergas actualizados ata este luns ás 18,00 horas, a área sanitaria de Vigo suma 99 pacientes con COVID-19 ingresados dos que 23 atópanse en UCI.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE