A Sanidade: o que non é, e o que pode ser!

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

A saúde é a maior posesión. A alegría é o maior tesouro. A confianza é o maior amigo
(Lao Zi: mestre oriental do Taoísmo, nacido no século V  A. de C.)



Temos o mellor Sistema Sanitario Público do mundo...e os peores administradores do mundo! A Sanidade non pode estar en mans de persoas que non cren no Público (si, con maiúsculas): o diñeiro de todos, deben ser administrados de forma que cheguen a toda a poboación, e que calquera que teña unha necesidade sanitaria, poida ter a súa asistencia sen ter que hipotecarse para poder ser atendidos e atendidas.


A Atención Primaria (AP) ten que estar preto da xente. Non podemos esperar ata sete días para ser  atendidos polo Médico de Cabeceira, non podemos esperar por unha proba diagnóstica un tempo que non temos, pois cando estamos enfermos é cando o precisamos, non podemos esperar por unha intervención cirúrxica, tanto tempo que cando nos chaman xa sexa tarde, ou xa recorremos a outras instancias para resolver o problema de saúde. Si consideramos que a AP é básica, a administración e  os nosos xestores, teñen que poñer os medios para resolver o problema que temos, para iso son s garantes de administrar o sistema, para que se a Sanidade Pública é de 1ª División, que os xestores non sexan de 3ª Rexional…


Para que a AP en Galicia teña futuro, temos que construír, por consenso, un Sistema Sanitario que de verdade sexa Universal, Gratuíto, Público, Equitativo e de Calidade. E a pregunta, é saber se isto é posible. Temos que ter un marco legal para levalo a cabo: en Galicia creouse o Consello Técnico (CT) de Atención Primaria, constituído por xente capaz de orientar  aos administradores cara a un Sistema de Calidade; as 16 Comisións Técnicas creadas para levar a cabo o Novo Modelo de AP de Galicia e contar co coñecemento de persoas expertas de verdade (non “expertos” sacados de a  chistera do poder, das xestorías privadas e de fóra de Galicia) para que o documento que salga, insisto, por consenso, sexa avalado polos partidos políticos que teñan a capacidade de gobernar a nosa terra. Ese documento, que será de máximos, poñerá en valor o que todos buscamos na atención ás persoas: calidade, equidade, recursos en infraestruturas e orzamentos para que os profesionais do sistema non traballen en precario, teñan o respaldo dunha administración que vele polo Público e que teña futuro.


Todo isto témolo xa. Os meses que traballou o CT teñen que servir para que a AP en Galicia sexa a “sala de estar” das persoas. Non “a porta de entrada” (hoxe éntrase no sistema sanitario de múltiples maneiras), pero si que sexa o lugar onde as persoas estean máis cómodas, para poder resolver os seus problemas de saúde, de forma próxima e inmediata...e de non resolvelo, si canalizar os temas para que a atención especializada póidalle solucionar prontamente, sen demoras e coa calidade que se presupón a un Sistema Sanitario do primeiro mundo, que non deixe na estacada aos máis vulnerables e que podamos achegarnos ao de confianza de que o que nos pasa, poida ser resolvido de forma óptima.


A xestión nos anos precedentes, non son un bo agoiro para solucionar o exposto...pero a capacidade da xente que controla dos temas de saúde é un aval importante para levalo a cabo, sempre que aos xestores e xestoras que teñan a misión de levar a AP en Galicia nos próximos anos, fagan caso das conclusións do CT da AP de Galicia.


O sistema que se implante non será do partido político que está no poder. A saúde ten que ser algo que  transcenda á política partidista e a curto prazo, para pensar nas xeracións vindeiras e nas persoas que o precisen no momento da vida no que son máis vulnerables. Ten que durar no tempo e que o “conselleiro” de quenda non trate de actuar en solitario e cunha mentalidade cortoplacista e ventajista.


Temos as vimbias, temos a xente, temos os documentos... falta a vontade política de levalo a cabo...e esa é a grandeza da propia política.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE