Inglaterra segue sendo unha potencia mundial

Manuel Fernando González Iglesias

A Inglaterra do Covid-19 iniciou unha guerra contra España porque os seus datos son interpretables en negativo se se teñen ganas de amolar. Por que o fai?, se ten, agora mesmos dous ministros veraneando en Canarias, o cal, é escandalosamente rechamante, e a miles de concidadáns que non corren un perigo excesivo en hoteis españois da Costa do Sol, que son bastante máis seguros, por exemplo que os do mismísimo Londres. 


Gonzalezlaya




Ninguén o di, pero todos supoñen que, tras a moi rechamante entrevista entre a Ministra de Exteriores española  Arantxa Gonzalez Laya e o premier de Xibraltar, Fabián Picardo, falouse de algo máis que da falta de emprego no Campo de Alxeciras, e que aquela versión que sitúa as conversacións no ámbito do achegamento ao negocio europeo a cambio de novos tempos para o acordo hispano-gibraltareña, podería espertar ao león británico, que ao contrario que nós, non se deixa tomar o pelo nun asunto geoestratégico tan importante para as relacións internacionais como o é ser o vixiante perpetuo da entrada e saída do Mediterráneo.


Bo intento da Ministra Laya, como tamén o foi na súa dia o do seu colega Moratinos, pero pillar aos ingleses nun momento de debilidade, é case tan difícil como que estes fillos de piratas e bucaneiros deixen de tomar té para abandonarse ao aromático culto do café despois de comer, aínda que tan deliciosa beberaxe acompañémolo de “unhas pingas” de Aguardente do Ulla, o mellor para darse un xute de adrelanina que nos suba a moral patriótica.


A quen acaba de ensinarnos a porta de saída ao resto dos europeos, é moi difícil coarlle unha versión real do Tratado de Utrech, primeiro porque xa teñen a súa e non queren cambiala, e logo porque economicamente aínda estamos a moita distancia da súa capacidade industrial e financeira, e non digamos do potencial atómico que gardan nos seus silos ou nos submarinos que seguen reparándose en Xibraltar, aínda que en ningún Tratado figure semellante autorización. Inglaterra é unha potencia mundial con dereito de veto nas Nacións Unidas, e nós non verdade Ministra?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE