Do Banco, non Banco á Europa, non Europa

Manuel Fernando González Iglesias

Desde que en 1978 apareceu na España de “os corruptos e vagos españois” o banco neerlandés ING que ten a súa sede na Antillas holandesas, e por ser máis concretos na Isla de Aruba, todo un paraíso fiscal ao dicir dos expertos, choveu moito e mal no panorama bancario europeo. O Banco que se anunciou como banco, non banco, en afortunado anuncio mediático, sobreviviu ás queixas das entidades tradicionais que viron como o seu negocio foi minguando porque o seu competidor, sen case oficinas e empregados roubáballe clientes aos que seducía contándolles unha milonga de custos para que o cliente que sabia moi ben extraer da falta de infraestrutura na que atención persoal a ese mesmo cliente brillaba pola súa ausencia. O cabreo dos entón xestores de oficinas obrigados no día a día a pelexar por cada ingreso e por cada conta, era tan patente, como o autismo dos novos bancarios en facerse os tecnoloxicamente avanzados ata reducir o trato persoal ao cero pataqueiro.


Holanda





O non Banco, no que o titular o poñía todo, ata o curso acelerado sobre as novas tecnoloxías que lle era imprescindible para entender algo daquel galimatías que acababa de nacer, foi a necesaria orixe dunha forma de entender a economía na Europa Comunitaria, que estes días mostrouse en toda a súa amplitude e ha encabuxado ao oitenta por cento dos membros da Unión, que descubriron que en tempos de pandemia, hai catro países que só son Europa para que eles poidan “practicar” con total impunidade a súa impresentable economía especulativa, é dicir: o seu Europa, a Non Europa insolidaria, mentres os demais europeos mantemos o espírito fundacional da Unión porque agora toca rascarse o peto para axudar a miles e miles de europeos aos que un virus, que aínda ninguén sabe de onde saíu segue matando a velocidade de vertixe e por iso arruinando a vida e a economía da maior parte das grandes e pequenas nacións de Europa.


O holandés Arf Rutte, e o trio Os panchos, formado polo sueco Stefan Löfven, a danesa Mette Fredriksen e o autríaco Sebastian Kurz tentaron por todos os medios ao seu alcance, facernos sentir como ladróns da caixa común comunitaria, porque puxemos encima da mesa a evidencia dunha situación de emerxencia na que a Europa civilizada e solidaria íase á ruína sen o diñeiro do noso Banco Central. Destaco o do noso, non se poñía en mans dos diferentes Gobernos democráticos para salvar a economía comunitaria dunha catástrofe.


O que os gobernantes desa Mesma Europa chegáronlle a dicir a ese cuarteto infame, forma e formará parte da nosa historia común, no futuro máis próximo e afastado e servirá para que as xeracións vindeiras que sobrevivirán grazas á coraxe da maioría dos Estados Unidos de Europa, non esquezan aos catro reticentes ou os frugales como sexa han autodenominado, e ensínenlles que o seu Non Europa non é a Europa que a maioría queremos para a nosa convivencia en común.


Do Banco, non Banco, deveu esa Europa, non Europa e ese invento que llo queden os holandéses, suecos, daneses e autríacos. A nós, gústanos máis o comportamento da Alemaña de Merkel ou da Francia de Macron aos que haberá que darlles publicamente as grazas pola súa decidida e valerosa defensa da Unión Europea.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE