Aglomeración de mozas sen distancia e con poucas máscaras ás portas da biblioteca de Santiago

Non só as zonas de bares atraen gentíos nas que non se respecta a distancia social. Tamén sucede nas portas dalgunhas bibliotecas, especialmente nestas datas vésperas do selectivo.




|

Non só as zonas de bares atraen gentíos nas que non se respecta a distancia social. Tamén sucede nas portas dalgunhas bibliotecas, especialmente nestas datas vésperas do selectivo.


Ducias de mozas e mozos esperaban este luns para entrar en orde na Biblioteca Pública Anxel Casal. Facíano en orde, pero moitas das persoas na cola non gardaban a distancia de seguridade e case ningunha levaba a máscara ben colocada.


Cola de estudantes ás portas da Biblioteca en Xoan 23 en Santiago




Hai que lembrar que é obrigatorio levar máscara sempre que non se poida respectar a distancia mínima de seguridade de 1,5 metros, so pena de multas de 100 euros.


A biblioteca Anxo Casal abriu a lectura en sala o 16 de xuño, un día despois do fin do estado de alarma en Galicia. Moi necesario para moitos estudantes, como os que se enfrontan á antiga selectividade. En Galicia, a ABAU será do 7 ao 9 de xullo.


O centro público está a controlar o aforo para cumprir coas limitacións. Os gardas de seguridade vixían que non se supere o número de postos de lectura asignados. Logicamente, nin eles nin a Biblioteca poden ordenar o que fan os mozos mentres esperan na vía pública.




Hai que lembrar que os mozos tamén son vulnerables ao coronavirus. Aínda que adoitan sufrir os síntomas e as complicacións de forma moito menos dura e frecuente que os maiores; pódense contaxiar e á súa vez transmitir a pandemia aos seus contactos crecanos; amigos, avós ou pais. O contaxio é posible aínda que tanto eles como a persoa que lles pasa o virus sexan totalmente asintomáticos.




 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE