​O Comité científico non debe ser un secreto de Estado

Manuel Fernando González Iglesias

Quero saber os nomes e apelidos do Comité Científico que decidiu ata o de agora os temas máis importantes no confinamento e cambio de fase dos cidadáns de toda España. E non só quero ler os seus nomes senón tamén un resumo do seu curriculum académico, debidamente informado polo Goberno, no que se detallen as razóns polas que foron elixidos para tan comprometida misión. Esta delicada misión non ten por que ser, como o é ata o de agora, un secreto de Estado.


Non me vale que, previo pago por parte do lector, que triste é ver como os diarios de papel antigo esfórzanse en furtar á xente, que non ten case diñeiro para comer, o que consideran as súas lecturas máis valiosas, para que o que non pague a cota quede sen a información, coma se a liberdade de expresión, fóra unha cousa só de ricos ou pobres, que pena! E o que é peor, Ministros, como o de Universidades, que cobra un soldo importante, contribúe para que os seus artigos haxa que pagalos, cando o xa cobra do Estado bastante máis do que fai no seu despacho madrileño. O xornalismo na rede ha de poñerse ao dispor da xente sen custo algún como o vén facendo a radio desde fai máis de cen anos. O que queira cobrar por escribir, que use o papel. Para iso están os diarios e os libros. Xa sei que aos políticos convenlles que da internet desaparezan tantas voces críticas, pero moitas veces, o que non lle interesa a eses mesmos políticos é o que lle convén á inmensa maioría dos seus votantes.


E se pido que saibamos dunha vez quen é os “famosos expertos” que nos teñen enclaustrados é porque sería bo que acabásemos coas suspicacias entre dereita e esquerda no moi caótico e lamentable asunto de a “desescalada” que están tiñendo a traxedia do coronavirus dun ronsel amarelo como a envexa de rancor entre cidadáns de distintas autonomías que, a longo prazo, vai deixar en mans dos máis exaltados cando pillen na súa terra a quen vén doutro lugar do Estado onde por exemplo se poden irse a unha terraza para tomarse un sinxelo café.


Canto máis claro estea todo, mellor para a saúde e a pacífica convivencia. E lembren os que gobernan, aínda que a comparación sexa odiosa que na infame Ditadura franquista como na actual China comunista as medidas máis duras tampouco se consultaban á xente, impoñíanse por un estado de excepción, que ninguén sabe a quen se lle ocorre. Imos como agora mesmo na España que presume de confederal. Un, que xa visto tantas cousas neste país, prefírese quedar con todo con aquela frase do filósofo e escritor indio Rabindranath Tagore que dicía “Agradezo non ser unha das rodas do poder, senón unha das criaturas que son esmagadas por elas”.  Porque, a pesar de todos os inconvenientes que iso comporta, é o que impregna de inmortalidade ao teu espírito.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE