Isto é un sen vivir

Manuel Fernando González Iglesias

Cando os políticos non discuten polas horas de paseo,  bótanse a falar das fases de liberdade condicionada dos seus concidadáns que están ata as orellas da falta de probas efectivas para detectar o coronavirus mentres un misterioso comité científico, sempre á sombra, ordena as súas vidas e fai recontos, que algún día os xuíces levasen ás salas dos xulgados para que todos saibamos como se xogou coas nosas vidas, especialmente coa das persoas de máis idade, por parte duns expertos que xa causaron, a día de hoxe  do florido Maio, 25.857 mortos


A directora de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Yolanda Fuentes, comparece para informar sobre o primeiro caso de coronavirus confirmado en Madrid, na Consellería de Sanidade/ Madrid (É


O Goberno da Moncloa, mentres tanto, prepárase para facer unha sentida homenaxe a esas persoas, cando, o que debe facer, é levar todos os casos ante os Tribunais para que tamén todos saibamos o que hai nesta traxedia de ignorancia dolosa, falta de previsión e ata supostas compras de material baixo sospeita e a destempo. Sera difícil de entender por parte das familias das vítimas que, os mesmos e as mesmas, aos que se lles supón principais actores do drama, sexa por acción ou por omisión, vístanse agora de rigoroso loito para mostrarse compungidos ante tamaño despropósito.


E claro, agora á hora de que volvemos á normalidade, Deus quéirao e non, nin o goberno, nin as diversas oposicións, acertemos cos horarios e o tempus de desfogue, porque o da vacúa dos científicos vai para longo, e aos virus non os mata nin sequera a milagrosa  lixivia trumpiana, verdade relativa, como aqueloutra que di que a Comunidade europea vai salvar a italianos e españois da hecatombe económica que se nos vén encima. Ao final, portugueses, en mellor situación que nós, porque o seu socialismo  é máis intelixente que o noso e conecta con feitos cos seus votantes e tamén quen non o son, demostrásennos que, en cuestión de crise e alianzas políticas, a súa vella alianza cos británicos serviulles de moito para tirar cara a adiante fronte á voracidade especulativa de holandeses, suecos, daneses e alemáns aos que plantou publicamente cara, para vergoña do noso soberbio inquilino monclovita. O tempo diranos se nas illas da canle acertaron na súa desmarque de Bruxelas, e como queda a Unión Europea cando acabe todo.


Por certo, a decisión de dimitir tomada pola señora Yolanda Fuentes Directora Xeral de saúde Pública da Comunidad de Madrid é acertada, nun tempo en que Catalunya e Madrid son a vergoña deste país en canto a contaxios e falecementos. Aprenderá algo desta decisión algún dos dirixentes do seu partido? . O dito: Isto é un sen vivir.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE