​Unha crise pandémica que arrastra todo

Carmen P. Flores

É indubidable que a primeira preocupación que ten a cidadanía é a saúde, ninguén o pon en dúbida, porque se se carece dela, o resto é máis ou menos secundario. A segunda, o traballo que fai posible ter un salario que permite vivir: comer, pagar a vivenda, os recibos e toda unha longa lista de necesidades que se converten en obrigacións, si ou si.



Coronavirus recurso.




Neste confinamento que estamos a aguantar todos, as preocupacións acumúlanse en maior ou menor medida. No tema saúde, ninguén ten dúbida, todos estamos expostos a ser obxecto do coronavirus, sen distinción de nada. Non vale ter moito diñeiro, os ricos tamén morren cando contraen o virus. A morte é a acción máis igualitaria que hai, aínda que non nos guste pensar nela.


A posibilidade da perdida de miles de traballos, ou a impotencia de non atopar un emprego que axude a ter aseguradas todas as necesidades vitais, é sen dúbida un problema tan grande que ten en albas a uns cuantos millóns de persoas, algunhas das cales teñen xa serios problemas para cubrir todas ou gran parte desas necesidades. O preocupante é que o futuro inmediato, as previsións non son máis optimistas. “Dáme medo o coronavirus, pero dáme máis medo morrerme de fame se non traballo”, esta é a frase de miles e miles de persoas que dependen dun salario que lles permite só vivir ao día. Se iso non é posible, adoitan explicar que “dáme igual morrer por coronavirus que de fame, se ao final vou morrer igual”.


A maioría de empresarios, tamén teñen a preocupación de non poder abrir as súas empresas, o mesmo que os comerciantes, porque sobre eles recae a responsabilidade dos seus traballadores e as familias que hai detrás deles. É unha responsabilidade que a moitos lles preocupa non poder cumprir con esas obrigacións, que non son poucas.


O confinamento e a economía non son complementarios, máis ben todo o contrario. Un confinamento curto, non ten impacto, cando se chega ao medio e non digamos ao longo prazo, os efectos son mortais. Por iso, é necesario unha reconsideración da volta ao traballo coas suficientes garantías sanitarias. Hai que facelo máis pronto que tarde, con escaladas na incorporación laboral e co que faga falta.


A volta ao escenario de “normalidade”, que xa non será igual que antes, necesita do apoio das distintas administracións, hoxe máis que nunca. A prioridade dos gobernantes debe ser o benestar da cidadanía. Agora toca axudar a as familias, aos máis desprotexidos, pero tamén aos empresarios, como cidadáns e tamén como xeradores de emprego. Niso debe envorcarse para que os efectos da crise, sexa o máis levadía posible e non deixar a ninguén no camiño. Ese debe ser o obxectivo de todos. Os gobernos teñen a responsabilidade, por iso as súas decisións deben ser rápidas, efectivas, que xeren confianza, pero non só corresponden a eles as accións, senón a todos os axentes implicados na economía: empresarios, sindicatos. Como adoitaba dicir o compositor e pianista norteamericano Duke Ellington Os problemas son oportunidades para demostrar o que se sabe”. Agora é a oportunidade de demostrar, o que saben facer para saír desta crise pandémica que arrastra todo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE