​O exemplo de SEAT

Manuel Fernando González Iglesias

Non todo neste emboubado peche van ser malas noticias. Por exemplo os respiradores que fabricou a empresa SEAT han comezado xa cos seus ensaios clínicos e  estou seguro que van salvar moitas vidas e de paso o cu dos sabios da política que dirixen o día a día do que debemos ou non facer para salvarnos da pandemia


Seatrepirador




O seu esforzo e o seu traballo, como o que poderían facer outras grandes fábricas que temos en España, que as temos, xa debería poñerse en marcha se non houbese tanto "parvo da máscara" encerrado na súa soberbia política. Eu imaxínome, porque son galego de nacemento e catalán de feito, o que poderían fabricar por exemplo os meus paisanos de Vigo que curran na Citroën ou os valencianos que traballan na Ford. E non é unha frase dita gratuíta. A miña familia fabricaba en Ourense con cinco traballadores e maquinas Oberlot e Refrey cen batas ao día, mentres a miña nai amontoaban centos de metros de tea sobre unha mesa moi longa onde cortaba cunha máquina que a os meus ollos de neno parecía enorme, todos os pedazos de pezas que logo ensamblaban unhas nais de familia eficientes e poderosas. E se estas mulleres podían facer cen batas ou 36 camisas ao día. Cantas máscaras cren Vds. que poderían facer?. Isto aprendino eu mesmo de neno, hoxe véxoo como gran noticia nalgúns telexornais repartida en numerosas iniciativas que choven de distintos puntos de España. É a xente, os pequenos e grandes empresarios os que colleron o mango do “hai que facer algo” como os nosos antepasados sacaron os coitelos da matanza para defenderse da invasión napoleónica. Xa ven, navallas e coitelos de campo, para pelexar contra fusís e canóns, que desproporción!  Ao lembrar a historia, non é a miña intención ofender a ningún cidadán ou cidadá dun país amigo como o é Francia, senón todo o contrario.


Hoxe as cabezas pensantes, como se cheiran que necesitamos kits para ver quen ten ou non coronavirus vendéronnos a moto a través dos seus medios afíns, que estes test non son moi fiables e que bo, se habria que facelos pero que non é para tanto. Collons! entón, para que o están usando os norteamericanos e os alemáns por exemplo?. Tamén nos din que nos esquezamos das máscaras que non haberá para todos. Oian!, xa está ben de cambiar de opinión e marear a perdiz, que os de abaixo non somos parvos.


Nas farmacias non hai alcol, non hai máscaras, non hai nada con atallar a enfermidade, e encima andamos polos 12.500 mortos e o reclamo de os novos Pactos da Moncloa para entreter ao persoal mentres a xente perde o emprego a eito e a Garda Civil estuda plans de continxencia para tratar de conter a indignación nos barrios máis deprimidos do noso país.


Miren, a min paréceme que o capitán deste barco non sabe onde está babor, nin estribor, e que ese é o verdadeiro problema. Menos mal que os traballadores da SEAT deron un paso á fronte e están aí para axudarnos a todos. Mereceu a pena xogarse o físico cos grises na Ditadura na Zona Franca para falar das folgas da SEAT cando o que gobernaba queríanos tamén submisos e sometidos. Nin entón nin agora era e é a solución.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE