Mortos polo Covid 19: Italia: 13.915.España 10.348. USA: 6.058. Francia 5.387. China 3.3203?. Iran: 3.160.Alemaña 1.107...
A prestixiosa Universidade Johns Hopkins de Baltimore ten entre os seus feitos relevantes, ser a primeira web mundial en contabilizar, dunha forma seria e cientificamente irreprochable, os datos estatísticos da pandemia do coronavirus tamén chamado COVID 19. Para que non haxa discusións, se un ou o outro falsean os seus datos, escollémola, nas nosas consultas diarias como referencia e, por suposto, para escribir estas liñas de dor e desesperanza.
Ao facelo, non temos ningunha dúbida de que as mulleres e homes de nosa sanidade están a deixarse a vida tentando salvar ao maior número dos seus compatriotas, e que o seu labor heroico e altruísta, deixará un selo indeleble na memoria de toda a xente de ben que lles seguimos apaixonadamente. Sen eles, os dez mil mortos que levamos ,dez mil!, serían, agora mesmo, polo menos, máis do triplo.
Tentar curar, sen saber se a xente, que enche os consultorios ou as urxencias está infectada dun virus mortal. Non dispoñer de máscaras ou luvas, ou o que é un horroroso clamor de desesperación e cabreo non comezar a utilizar masivamente os PCR para poder saber o que realmente pasa, como xa fan en Islandia!, son algunhas das monumentais carencias coas que médicos e enfermeiras españolas seguen aínda traballando nos hacinados hospitais, ambulatorios e residencias para maiores de toda España. Mandáronos ao matadoiro sen armas coas que defenderse e defendernos, e xa poden ser os mellores do mundo, que para min xa o eran, o son e seguirano sendo, que sen medios pouco poderán contra un inimigo tan formidable e invisible.
Por que seguimos votando a políticos e partidos que pecharon plantas enteiras de hospitais e baixaron os listóns de calidade técnica nos tempos de bonanza para autoregalarse máis e mellores cargos ou viaxes por calquera motivo á conta dun país tan pobre como o noso?
Pero que país nos deseñaron os nosos políticos despois da Constitución do 78?. Que industria nacional temos incapaz de autoabastecerse de máscaras ou respiradores temos?.Onde está, por dicir algo sinxelo, o alcol de 90 graos que as farmacias non nos venden aos que estamos encerrados?.Por que seguimos votando a políticos e partidos que pecharon plantas enteiras de hospitais e baixaron os listóns de calidade técnica nos tempos de bonanza para autoregalarse máis e mellores cargos ou viaxes por calquera motivo á conta dun país tan pobre como o noso?.Como somos tan inxenuos?.
Que inventen eles!. Dicíase en tempos dos meus avós como palpable evidencia da ignorancia política na que vivimos durante tantos anos. Iso si, centos de millóns para o fútbol, e antes cantidades inxentes para os touros e os toureiros. Moita fe, moitas procesións, pero os nosos novos talentos tendo que buscarse a vida no medio mundo. Todo un investimento para despois regalala aos países que os contrataban. E aínda por riba aos vellos que se deixaron a pel para pagar a nosa educación e benestar deixámolos tirados nas residencias deixándoos morrer porque xa son maiores.
10.000 mortos e o goberno socialista e os seus cómplices podemitas tómannos por parvos. Como ben é sabido, a medios de comunicación como nós non nos deixan facer preguntas, algo que a Generalitat non fai, para que logo falen dos políticos independentistas!. Tería que darse unha volta por Barcelona o Secretario de Estado de Información para aprender algo. Que decepción a miña!.
Sinto pena polo Presidente do Goberno de España. Como pode durmir pola noite con semellante cargo de conciencia de dez mil falecidos? . Cantos compatriotas teñen que morrer máis para logar que se forme un goberno de emerxencia nacional en o que estean todas as cores representadas incluídos empresarios e militares. E entre todos salgamos da lameira no que estamos metidos?.
Dez mil mortos…! Deus meu, que desastre!
Escribe o teu comentario