Unha das barbaridades que cometeron os nosos políticos ademais de deixar colgados aos profesionais sanitarios deste país tendo os almacéns de material para uso de hospitais e centro de saúde sen fondos dos que botar man, foi sen dúbida, recluírnos a todos e non poñendo en farmacias ou lugares como Mercadona un punto de subministración de polo menos unha máscara por persoa, ou sinxelos botes de alcol para desinfectarse as mans.
E que non me digan os gurús da Moncloa que iso non é posible, xa que a xente coa que convivo cada día no Hospital é disciplinada e segue ao pé da letra o que lle din as persoas que controlan a súa entrada no recinto.
Para que che reclúen en casa se nada hai para defenderse minimamente dun contaxio? É que seica este país non ten fábricas que poden reconverter a súa produción para facer batas para médicas e enfermeiros, ou esas máscaras básicas anticontagiantes?
Calquera de nós viu, estes días como a un familiar próximo non lle deixaron achegarse a comprobar se ten a enfermidade a través dunha sinxela proba para a que non hai kits. Estes, por suposto non faltan para futbolistas, parlamentarios e mesmo membros do Goberno.
Vexo tamén con profunda tristeza como a algunha política famosa e ao seu marido ingrésana nun hospital público para curala desta peste do coronavirus, mentres que aos pobres que acolle o Pai Anxo visítalles a enfermidade e algúns falecen. Calquera de nós viu, estes días como a un familiar próximo non lle deixaron achegarse a comprobar se ten a enfermidade a través dunha sinxela proba para a que non hai kits. Estes, por suposto non faltan para futbolistas, parlamentarios e mesmo membros do Goberno. A escusa desgraciadamente xa se converteu en lóxica: Bloquéanse os centros médicos.
Finalmente está o das Residencias, onde os nosos maiores caen como moscas porque xa son vellos e achacosos e esquecéuselles aos que mandan metelos nas súas previsións e estatísticas. Mentres, unha nova xeración de “profetas” que non médicos, van decidir moi pronto a quen se entuba e a quen non especialmente se teñen unha certa idade. O que se decida en cada caso, non será un diagnóstico, senón un acto de adiviñación premeditado moi parecido ao moi popular “pito, pito, gorgorito….”.
Déixense xa de chalaneos e palabras ocas e deixen que a xente se poida comprar se quere unha sinxela máscara cando vai ao supermercado e un botecito de alcol. Ou é pedirvos moito, pais da patria?
Escribe o teu comentario