Portas xiratorias e conflito de intereses

Manoel Barbeitos
Economista

 “España condenada a pagar case 260 millóns de euros como compensación únala multinacionais das enerxías renovables, e con 7,1 millóns de euros aos seus bufetes de avogados, por recortes as renovables durante o executivo de Mariano Rajoy. Nun deses bufetes traballa Soraya Sainz de  Santamaria que era Vicepresidenta do citado executivo cando alumou a reforma pola que foi demandado por tales empresas”.


Un dos feitos máis escandalosos da política española é o fenómeno coñecido como “portas giratorias” (“revolving  door” en terminoloxía anglosaxoa). Unha práctica de simbiose bastante estendida entre as clases política e empresarial consistente, basicamente, en que dirixentes políticos cando deixan de ser gobernantes pasan, sen case solución de continuidade, a ocupar postos directivos de grandes empresas e sociedades ás que asesoran aproveitando o coñecemento e as influencias adquiridas durante a súa estancia na administración pública en cargos de alta responsabilidade. Unha práctica que en España resulta bastante frecuente como mostra o dato de que entre os anos 2007 e 2017 foran máis de 200 os casos de ex altos cargos públicos que unha vez abandonado o seu posto na administración pública pasaron a desempeñar unha actividade profesional no sector empresarial privado atravesando así as “portas giratorias”.


Da relevancia política en España desta práctica política de “portas giratorias” dá conta non só o anteriormente citado número de casos que se deron, senón tamén a importancia dos mesmos. Así non hai practicamente empresa ou sociedade do IBEX 35 que non teña entre os seus cargos directivos ou de asesoramento un ex alto cargo do goberno –tanto do PP como do PSOE-. Á hora de elixir teñen preferencia entre as entidades financeiras o Banco Santander, Telefónica, Gas Natural e ENDESA entre as empresas non financeiras. En relación ao excargo ocupado ademais dos que proceden directamente da Presidencia de goberno son maioría destacable os que ocuparon altos cargos nos ministerios económicos (Economía, Facenda, Industria…). Non menos subrayable resulta o tempo transcorrido desde que se deu o cesamento no cargo público ata que pasan a ocupar o cargo directivo na empresa privada: aínda que legalmente debería transcorrer un prazo prudencial danse casos de ex altos cargos que xa tiñan aprobada a súa incorporación a empresa privada antes do cesamento.


Unha práctica esta de as “portas giratorias” que favorece tanto o conflito de interese como a corrupción. Algo que resulta evidente con só analizar, por caso, como vén sendo desde o punto de vista do interese público e social o comportamento daquelas empresas que teñen entre os seus directivos e asesores a ex altos cargos da administración pública.


En primeiro lugar o grupo de empresas privadas que pertencen ao “club das portas giratorias” están maiormente incluídas no que se coñece como IBEX35. Empresas que concentran a maior parte da enorme fraude fiscal existente en España (71%: uns 43.000 millóns de euros) grazas a que contan, case todas elas, con filiais en paraísos fiscais: unhas 1.300 filiais aproximadamente. Unhas prácticas que xamais foron perseguidas polas diferentes autoridades españolas, o que nos dá unha idea do seu enorme poder.


Moitas destas empresas, por caso as de servizos (eléctrica, carburante, telefonía….), consolidaron posicións de  oligopolio grazas as decisións políticas tomadas por gobernos que tiveron como altos cargos a políticos que agora son directivos e asesores de tales empresas. Posicións de oligopolio que lles conceden un control absoluto dos respectivos mercados e permítenlles manter continuos abusos nos prezos a pesar dunhas moi discutibles calidade e eficiencia no servizo.


Tamén poden darse situacións autenticamente kafkianas como no caso subliñado ao principio de quen despois de ocupar un alto cargo na política española actúa agora como asesora dunha empresa privada multinacional nunha demanda contra o estado español por decisións gobernamentais adoptadas durante o período en que esa persoa ocupaba a Vicepresidencia.


É ben certo que cada quen é libre de pensar como queira, pero algúns coidamos que este fenómeno político das “portas giratorias” poida que non sexa materia de delito penal pero moral e eticamente resulta claramente repugnante. Moito máis se temos en conta que a pesar de que a moi permisiva lexislación española (Lei 5/2006, do 10 de abril, de regulación de conflitos de intereses dos membros do Goberno e dos Altos Cargos da Administración Xeral do Estado) establece que os altos cargos públicos que abandonen os seus postos “deben absterse” –durante un período non inferior aos dous anos- “de realizar calquera actividade que garde relación coas responsabilidades exercidas no cargo público anteriormente citado” poucos cumpren ese mandato legal.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE