Moito máis se temos en conta que a pesar de que a moi permisiva lexislación española (Lei 5/2006, do 10 de abril, de regulación de conflitos de intereses dos membros do Goberno e dos Altos Cargos da Administración Xeral do Estado) establece que os altos cargos públicos que abandonen os seus postos “deben absterse” –durante un período non inferior aos dous anos- “de realizar calquera actividade que garde relación coas responsabilidades exercidas no cargo público anteriormente citado” poucos cumpren ese mandato legal.
Empresarios do Ibex-35, que recolle as 35 empresas máis importantes do país, trasladaron ao PSOE o seu malestar por como levou Pedro Sánchez as negociacións frustradas para ser investido presidente do Goberno.
Un goberno do PSOE sen Podemos grazas á abstención de PP ou Cidadáns. De non ser isto posible, mellor repetir eleccións que darlle poder executivo ao partido morado. Estas son as preferencias do IBEX 35, que está a meter presión tanto aos socialistas como a conservadores e laranxas para vetar o desembarco de Pablo Iglesias no Consello de Ministros.
O rexistro conta con case 400 inscritos, entre eles, a gran maioría de patronais e algunhas asociacións de consumidores.