​O PSC céntrase

Manuel Fernando González Iglesias

O PSC , que non os socialistas cataláns,  estes son moitos máis e máis heteroxéneos, meteuse no seu 14º Congreso en busca da centralidade perdida e con ferramentas políticas moi queridas e ademais eficaces para o xa afundido partido de Ribeira que deixou á súa dereita e esquerda unha masa de votantes moi apetecible na Catalunya centrada antes chamada catalanismo institucional polos antigos inquilinos da sede da Rúa Nicaragua xa abandonada polos que a ocuparon nunha etapa moi brillante durante varias lexislaturas.


Salvador Illa, ata hai pouco o tapado de Sánchez, que, de súpeto está claro que é o máis sensato do grupo, dicía nas últimas horas que o federalismo é a solución á crise catalá,  e por ese camiño parece que vai dirixirse  Miquel Iceta lembrándolle ao líder do PSOE o que dixo á La Vanguardia en 2017 cando disputaba o seu liderado a Susana Díaz: "España é unha nación de nacións, cunha única soberanía que é a do conxunto do pobo español".  Ou sexa, que para os icetistas, toca volver a atrás e volver falar da inmersión lingüística e con ela do fomento das linguas cooficiais, que sorpresa!, e aínda por riba, esconder o erro histórico do primeiro secretario do PSC de deixar que a radio e televisión pública catalá caera en mans dos independentistas, para agora reclamar a súa "reconfiguración"  para que se poña ao servizo de "todos os cataláns", segundo sinala claramente o documento marco deste Congreso," TV3 e Catalunya Radio convertéronse , nunha parte da súa programación, en instrumentos de axitación e propaganda ao servizo dunha determinada idea política de Catalunya" afirmación que fixo reiteradamente a lideresa cidadá Inés Arrimadas durante os tres últimos anos sen que aos do puño e a rosa parecese facerlle efecto.

.


Agora o PSC  pide para TV3 e Catalunya Radio pide cambios contundentes, porque ou "antes non se deron conta das consecuencias do seu principal erro durante estes anos" e non queren desculparse ou ben, agora o que toca é, por puro oportunismo político, convencer aos seus antigos votantes que deben volver a "a casa común socialista" porque senón isto da convivencia non hai quen o arranxe e de paso non se pode gobernar en España.

.


Por certo, Pedro Sánchez non estará no Congreso do PSC, o cal, non é que sente precedente, xa que pasou algunha que outra vez .Polo que parece, o Presidente non quere meter a pata e darlle oportunidade a Esquerra a que colla algunha das súas declaracións pola vía do agravio e rompa as negociacións que tanto custa pechar e que ninguén sabe de que van. Eses si, os negociadores socialistas si asistirán ás xornadas congresuais. Salvador Illa, porque é o xefe da organización, pero tamén o Ministro Ábalos, a portavoz Lastra e a Madrastra da Moncloa, para entendernos, a Vicepresidenta Calvo que fará o papel de representante do seu Xefe, que repetimos, esta vez non quere meterse en ningunha lea.


Por o  demais na  executiva seguen os mesmos, coa mención específica, porque ascende a presidenta do partido da alcaldesa  de Hospitalet  e Presidenta da Deputación, Nuria Marín Martínez que segue subindo chanzos no seu partido cara a Deus sabe onde, mesmo din, que á Primeira Secretaría na que, xa vai sendo hora que se instale unha muller socialista, algo que sempre reclama este xornalista con escaso éxito. O devandito, o PSC,  céntrase e busca liderar as próximas eleccións catalás se a estratexia lles funciona .


Sanchez iceta



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE