​Volvéronnola a facer

Manuel Fernando González Iglesias

Escribinlles hai poucas horas : “…..Estou case seguro que os que nos obrigaron a volver votar, non chegan a un pacto de Estado, nin de coña”. Meu dito meu feito. Despois de dúas horas e media de tedioso debate nas televisións públicas e privadas que acabou de madrugada, para desespero das redaccións de todos os diarios de papel e dixitais, os cinco cabezas pensantes do noso arco parlamentario deixáronnos encima da mesa o problema da gobernabilidade do país para que o arranxemos de novo os votantes.


Debate electoral 10N imaxe candidatos


Hai que ter cara para cometer semellante democraticidio sen ningunha clase de pudor e ante unha audiencia que está, ata os melindros, de que a convoquen ás urnas en nome da Democracia, a Constitución e se me apuran, ata da mismísima Unión Europea.


Así que, se ademais facemos caso á enquisa de Sigma Dúas para Antena 3, o máis mellor desta orxía de despropósitos políticos é Pablo Iglesias, co que Sánchez, xa lle pode dicir o Rey que non acepta ser candidato á Presidencia porque “non hai catro sen cinco bloqueos posibles", se a súa elección está de novo en mans do podemita, reitéroo unha vez máis.


E se habemos de dicir algo con sentido, despois de aguantar dúas horas e media ante o televisor, escoitando sandeces, é que temos unha xeración de líderes moi mediocres que, ademais, son uns auténticos irresponsables. Polo que vimos e oímos, con verdadeiro asombro a dereita española volveuse tola e agrediuse verbalmente de forma incomprensible, co que Abascal púxose electoralmente as botas, mentres o cidadán Rivera pasaba á historia dos debates en televisión polo anaco de panot que se trouxo do seu Catalunya que, seguramente, fai un par de días, adornou a parte traseira dunha das furgos da policía autonómica que defenderon heroicamente a Via Laietana. Tal fazaña afundiulle definitivamente nas enquisas. A Casado a pelexa con Rivera prexudicoulle gravemente. Ben lle irá se mantén as expectativas que lle daban as enquisas previas e os seus non se lle quedan na casa a última hora.


E o Presidente?. Pois miren Vds: Cando acabe de escribir o libro que estivo a redactar mentres participaba no evento televisivo saberemos se llo edita Planeta ou talvez algunha editorial independente. Parecía un contable marcando un pedido dun cliente. Só faltoulle poñerse o bolígrafo na orella. Se iso chégao a facer Suarez fronte a Felipe González, a Alfonso Guerra non lle tremería a voz en chamarlle ao de Avila “tendero de ultramarinos e non tahúr do Missipi” como deixaron escrito os biógrafos da Transición.


En resumo, que aínda que Don Pedro foi o único que pareceu ter un certo porte presidencial, ao final, botouno pola borda ao ofrecer esa imaxe de frialdade e indiferenza que nunca sabe disimular. Por ser xenerosos co líder socialista, teriamos que dicir que, en xustiza do Tribunal Supremo, que é a boa, gañou pola mínima, pero non convenceu nin aos seus. Co cal, estamos nas mesmas que antes do debate. Ou sexa, que estes irresponsables volvéronnola a facer. ¡Joder que tropa! 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE