Quen lle marca o paso a Pedro Sánchez?

Manoel Barbeitos
Economista

Logo das dúas investiduras falidas de Pedro Sánchez (PP) como presidente do Goberno de España, do que xa se da cumprida información en tódolos medios de comunicación e opinión, caben tamén algunhas outras reflexións a conta do sucedido como, por caso, as seguintes:

De verdade alguén (político, medio de comunicación e opinión, comentarista, opinador, tertulian….) con coñecemento de causa pode ser tan inxenuo de pensar que os poderes internacionais (Goberno alemán, Comisión Europea, Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional) que, hoxe por hoxe, vixían con guante de ferro o cumprimento da ortodoxia neoliberal (reflectida nos respectivos tratados aprobados na derradeira década) por parte dos gobernos europeos ían a estar indiferentes e inactivos fronte ao novo goberno de España?, moito mais sendo conscientes da relevancia e impacto que a composición do novo goberno e, moi especialmente, as súas políticas terá sobre a UEM?.


Alguén pensa que estes poderes aceptarían de boa gana a presenza de PODEMOS no goberno español?. Non teñen mostrado sobradamente como actúan diante de gobernos que consideran díscolos?  


Alguén pensa que estes poderes aceptarían de boa gana a presenza de PODEMOS no goberno español?. Non teñen mostrado sobradamente como actúan diante de gobernos que consideran díscolos?. Neste caso non se trataría de Grecia, un socio europeo menor, senón de España (quinto estado con maior PIB da Unión Europea).


Non entra o programa con que Pedro Sánchez (PSOE) se presentou as eleccións, recibindo o apoio do 29% dos votantes, en clara contradición coa ortodoxia neoliberal europea?. Acepta, por caso, a troica comunitaria as propostas electorais do PSOE en materia de política fiscal, laboral e social?. Que lle dixeron ás elites europeas a Pedro Sánchez nas derradeiras xuntanzas co gallo dos nomeamentos das novas autoridades europeas?.


Nestes nomeamentos non se aliñou Pedro Sánchez (PSOE) cos posturas dos conservadores e liberais europeos?. Vexase por caso o seu voto tanto no nomeamento da Presidenta da poderosísima Comisión Europea (a señora Ursula von der Leyen, man dereita de Angela Merkel) como do BCE (Cristine Lagarde que procede do FMI baluarte do neoliberalismo). Que lectura política se pode facer deste aliñamento?.


Si se analizan as propostas programáticas dos discursos de investidura de Pedro Sánchez (PSOE) non se vota en falta a referencia a relevantes reformas (fiscais, laborais, financeiras) que foron centrais nun programa electoral que recibiu un respaldo maioritario da cidadanía?. Por citar un so caso, pero moi significativo, a postura de Pedro Sánchez fronte as contrareformas laborais de Zapatero e Rajoy é, hoxe por hoxe, a mesma que defendeu na campaña electoral?. Non é a dun claro aliñamento na defensa de chamada devalación interna (rebaixa salarial e de pensións) que produce enormes estragos no mercado laboral español: elevado desemprego, precariedade, desigualdade, rebaixa das pensións…?. Resulta deste xeito fiable un político tan voluble?. Moito mais cando non é a primeira vez que sucede. Non se está convertendo Pedro Sánchez (PSOE) nunha nova versión de Francoise Hollande (PSF), o de Gerhard Schröder (SPD)?.


resulta indiscutible que Pablo Iglesias (PODEMOS) repite de novo un grave erro. Non deixar gobernar a Pedro Sánchez (PSOE) –manténdose, por caso, fora do goberno- non vai a ser entendido por moitos dos seus votantes  


Nembargante estas evidencias resulta indiscutible que Pablo Iglesias (PODEMOS) repite de novo un grave erro. Non deixar gobernar a Pedro Sánchez (PSOE) –manténdose, por caso, fora do goberno- non vai a ser entendido por moitos dos seus votantes pois, diga o que diga, coa súa postura está favorecendo as rancias dereitas españolas. Algo que, con seguridade, os seus votantes non lle perdoarán pois entre un Sánchez, un Casado ou un Rivera a preferencia daqueles é meridiana. Aínda están (PODEMOS) a tempo de corrixir este gravísimo erro.


Como sinalou un destacado líder político, moitas veces hai que dar un paso atrás para logo poder dar pasos adiante.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE