Privilexios

Roberto González

Roberto González es secretario general del Secretario Unificado de Policía (SUP) en Galicia

Escoitei en moitas ocasións que os representantes sindicais dispoñemos duns privilexios que fan que nos aferremos ao posto, á cadeira ou á poltrona, como eles definen.


Benditos privilexios. Xornadas maratonianas. Atención personalizada e de calidade aos afiliados as 24 horas do día. Resolución de conflitos, intermediación cos responsables policiais, reunións coas Institucións, denuncia pública, escritos, recurso psicolóxico, acción sindical, servizo de defensa penal e disciplinaria á carta ou cursos formación e promoción interna.


Con motivo da cesión da miña liberación a un compañeiro da UIP, levo dous meses compaxinando o labor sindical coa operativa no Grupo de Atención ao Cidadán da miña Comisaría, o que supón unha carga extra de traballo, que saquei adiante grazas ao gran equipo que me acompaña no SUP e á comprensión e apoio da miña familia porque por moito que algúns insistan, coas súas memes e sabotaxes, apaixóname o uniforme. Poder axudar ao cidadán para resolver os seus problemas. Ser os primeiros en atender os requirimentos ao 091 é algo co que estou a gozar cada minuto, cada servizo. Nese labor, pódovos asegurar que son máis feliz que exercendo a representación sindical. Por que o fago entón? Iso mesmo pregúntame a miña muller. Fágoo pola responsabilidade que adquirín co SUP e polo compromiso que teño con todos os afiliados a este gran Sindicato.


Pase o que pase o día 19, seguirei defendendo estas siglas, continuarei coa mesma intensidade loitando contra as inxustizas e liderando o Sindicato en Galicia, xunto ao mellor grupo de representantes. Eses delegados e vogais que tedes máis preto merécense que apoiedes ao SUP o mércores. Porque sabedes que nin eles, nin eu, imos fallar cando teñades un problema. Demostrámolo ao longo dos últimos 4 anos e dos 41 de historia que ten o SUP. Porque o colectivo necesita un sindicato forte, que actúe con responsabilidade e con rigor nas súas formulacións e que non ampare as pintadas, os danos e os insultos e ameazas nas redes a outros compañeiros baixo o anonimato. No SUP temos claro que nunca imos perder as formas para conseguir os nosos obxectivos. Poderémonos equivocar, pero a traballo e dedicación, a este Sindicato non lle gaña ninguén. No meu caso, e non son o único, nos últimos 50 días non durmín máis de 4 horas de media ao día para sacar adiante o traballo. E fágoo porque estou moi motivado e con moitas ganas de gañar as eleccións. Votar ao SUP é a mellor garantía para a Policía e para os policías. O tempo, como sucedeu co Acordo de Equiparación, dará e quitará razóns. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE