A decepción do Concurso Xeral

Roberto González

Roberto González es secretario general del Secretario Unificado de Policía (SUP) en Galicia

Monumental enfado entre os desprazados galegos da Policía Nacional. Como cada ano os funcionarios deste Corpo agardan ansiosos o concurso de traslados. Entre os aspirantes para conseguir unha praza nas comisarías galegas atópanse centos de axentes destinados fóra da comunidade autónoma durante máis dunha década. Devanditos funcionarios e non soamente eles, tamén os xa destinados en Galicia, valoraron con decepción e indignación o número de prazas ofertado recentemente para a nosa terra. Na actualidade, nas xa mermadas dependencias galegas, cóntase cun déficit de 640 policías, convocando tan só 140 prazas de Escala Básica e Subinspección, o que compromete seriamente o bo funcionamento do servizo pola falta de recursos humanos e mesmo afecta directamente á seguridade dos propios axentes ao non contar cun número adecuado de efectivos para determinados servizos, nos cales un funcionario debe realizar o traballo só, cando as características do posto esixen a presenza de, polo menos, un binomio.


Ademais, neste ano sairán á rúa 3.200 novos policías, que actualmente se atopan no período de formación práctica, aos cales supostamente lles serán ofertadas as vacantes resultantes deste concurso de traslados. Digo supostamente xa que ese número non coincide co de prazas ofertadas para traslados aos axentes máis veteranos, que é de 2.643, non entendéndose dita diferenza.


Os policías ademais ven prexudicados no número de prazas nun ano no que a Seguridade é clave para a celebración en 2021 do Xacobeo, converténdose a comunidade galega, nunha das máis difíciles de conseguir unha destas prazas e co que iso conleva para os axentes e os seus familiares a nivel persoal e de conciliación.


Outra das queixas entre o colectivo policial é a Orde do 5 de outubro de 1989 pola que se establece do sistema de baremo para estes concursos, debido a que é unha instrución de máis de 30 anos, que nada ten que ver coas actuais necesidades dos axentes e funcións que realizan. Neste sentido urxe unha profunda reflexión sobre a falta de transparencia do proceso de adxudicación das recompensas profesionais que oscilan entre os 0,10 e os 10 puntos.

Esta situación condena aos axentes para tomar duras decisións, xa que ante a imposibilidade de conseguir praza en comisarías como Pontevedra, A Coruña, Ourense ou Lugo, as cales actualmente requiren un baremo moi alto, deben elixir entre achegarse ás súas familias escollendo outras dependencias e cunha considerable retracción de puntos para futuros concursos permanecendo máis anos a certos de quilómetros da súa terra.


E é que moitos policías ven as súas vidas e as das súas familias marcadas por estes concursos, perpetuándose no tempo este sistema de provisión de postos de traballo sen que a Administración faga nada por melloralo, máxime cando existen nesta Institución outras formas de adxudicación, que non conlevan diminución algunha de puntos creándose así unha desigualdade entre funcionarios de similar antigüidade ante un futuro movemento.


O máis significativo é que ás portas do próximo ano 2021, as autoridades competentes deixan desprovista á poboación galega de efectivos suficientes que garantan o libre exercicio dos seus dereitos e liberdades e a Seguridade Cidadá, o que obedece a diferentes intereses.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE