Coordinador Provincial UCIN Galicia (Unión de Ciudadanos Independientes)
“Ter que velo para crelo”. Que despois de décadas de peaxes abusivas, prórrogas sospeitosas e silencios ben retribuidos, o Goberno levántase unha mañá e di: "A AP-9 vai cara á gratuidade". Xusto 24 horas antes de que a Comisión Europea léveos ao banco da Unión Europea. Mira ti que casualidade.
É o que en Galicia chamamos un milagre de última hora. Como quen chega á misa co padrenuestro xa empezado pero pretende saír da igrexa coas bendicións todas. Aquí a única hostia que nos levan dando é nas cabinas de peaxe. Iso si, con sorriso institucional e declaracións cargadas de falsa emoción patriótica.
Non é que o Estado queira liberar a autoestrada, non. É que Europa dixo que ou arranxades isto ou cáevos unha sentenza que vos vai a pór cornos até en Madrid. Entón, como quen tapa unha pingueira cun pano vello, salguen os ministros a dicir que "estamos a traballar niso". Agora. Despois de 23 anos de prórroga concedida con nocturnidade, sen transparencia e sen un pouco de vergoña.
E velaí o outro milagre: o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, facendo ver que esixe a gratuidade da AP-9. Coma se non soubese quen asinou aquilo no ano 2000. Coma se o PP non fose o pai, a nai e o notario da prórroga. Coma se estes vinte anos de goberno popular en Galicia fosen un accidente administrativo.
Pero claro, agora que vén Europa coa vara, todos botan man do abrigo de "defensores de Galicia".
E os mesmos que calaron mentres Audasa facía caixa, érguense como valentes cruzados da autoestrada libre. Un pouco tarde, non si?
A AP-9 é a metáfora perfecta de como se trata a Galicia: unha terra que se espreme, que paga, que cala, e á que se lle prometen cousas só cando hai que dar explicacións fóra. Dentro, a cousa é outra: todo vai ben mentres o diñeiro entre e a xente non proteste moito. E se protesta, pois se lle bota a culpa a Madrid, ou a Santiago, segundo quen mande esa semana.
Dicir que a AP-9 ve cara á gratuidade é como dicir que vai cara ao mar: si, pode ser, pero vai dando voltas, perde tempo polos camiños e só acelera cando ve que se afoga.
A ver se agora, con sorte, déixannos de cobrar por circular pola nosa propia terra. Ou, como mínimo, que non nos tomen por parvos mentres o fan.
Escribe o teu comentario