Cando o mundo volve á lei do máis forte

José Luis Calo
Coordinador UCIN Galicia

Coordinador Provincial UCIN Galicia (Unión de Ciudadanos Independientes)

Eu non son experto en política internacional nin en estratexias militares. Son un cidadán do día a día, dos que acenden a televisión, len as noticias e tratan de entender que está a pasar co mundo no que vivimos. E o que vexo ultimamente con Donald Trump á fronte de Estados Unidos non me deixa tranquilo. Dá a sensación de que estamos a regresar a unha época na que as regras importan pouco e o único que conta é quen ten máis poder.


Trump non actúa como un presidente que busca acordos. Actúa como alguén que ordena. Non dialoga, impón. Para el, os tratados internacionais, a ONU ou calquera norma común parecen ser un estorbo. A súa mensaxe é claro e directo: Estados Unidos decide e os demais adáptanse. E si non o fan, haberá consecuencias.

 

O ocorrido en Venezuela é un sinal que non debería pasar desapercibida. Un país intervido militarmente, o seu presidente detido e trasladado a outro Estado coma se as fronteiras non existisen. Non se trata de simpatías políticas nin de defender a uns ou outros.


Trátase de algo máis básico: se isto acéptase como normal, mañá pode ocorrerlle a calquera outro país. Sempre haberá unha escusa distinta, xa sexa o narcotráfico, o terrorismo, a seguridade ou a influencia de potencias estranxeiras.


Trump di que loita contra as drogas, pero desprega portaavións, bombardeiros e miles de soldados. Calquera cun pouco de sentido común sabe que ese despregamento non é para perseguir delincuentes. É unha demostración de forza. É unha mensaxe ao mundo: “mirade até onde podemos chegar”. Cando se chega a ese punto, o diálogo deixa de ser importante e a ameaza pasa a ser a norma.


O filósofo Thomas Hobbes escribiu hai séculos que, cando non existen regras que todos respecten, “o home é un lobo para o home”. Esa frase parece escrita para este momento. Cando as leis internacionais ignóranse e só manda o máis forte, todos quedamos expostos, especialmente os máis débiles.


O máis preocupante é que esta forma de actuar non distingue entre inimigos e aliados. Países que durante décadas foron socios agora viven baixo presión constante. Xa non se lles trata como iguais, senón como subordinados. Ou obedecen ou pagan o prezo. Así, a cooperación desaparece e o medo ocupa o seu lugar.
 

Trump sabe que Estados Unidos ten o maior orzamento militar do planeta e utilízao como unha ameaza implícita. Non fai falta declarar unha guerra para impor respecto. Abonda con que todos saiban do que é capaz. O problema é que ese modo de actuar termina normalizar e converter na maneira habitual de facer política internacional.

 

Quere Trump dominar o mundo?Igual non quere o mundo enteiro, pero desde logo quere mandar coma se fose seu. Non parece interesado en conquistar países un a un, pero si en que todos saiban quen leva o bastón. E claro, cando un ten o exército máis grande do planeta, esa forma de falar xa non é fanfarronería, é advertencia.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE