O '58 bis' é un atentado á liberdade individual

Manuel Fernando González Iglesias

Ciberseguridad


Hoxe é un día moi triste para a liberdade individual no noso país. Os políticos españois volvéronse tolos e vía BOE encasquetáronos unha lei que lles permite meterse na nosa intimidade para investigar as nosas ideas e clasificarnos coma se fósemos tomates, co miserable fin de adoutrinarnos das súas respectivas ideoloxías agora que están baleiras de contido ético e social.


Como lles conta o noso diario: a nova lei orgánica de protección de datos que permite aos partidos políticos solicitar datos persoais das nosas opinións políticas para as súas actividades electorais entra en vigor este venres 7 decembro, tras a súa publicación o xoves no Boletín Oficial do Estado (BOE).


Así se recolle no novo artigo '58 bis' que establece que "a recompilación de datos persoais relativos ás opinións políticas das persoas que leven a cabo os partidos políticos no marco das súas actividades electorais atoparase amparadas no interese público unicamente cando se ofrezan garantías adecuadas".


E a continuación pregúntolles, unha vez atravesada a barreira da nosa intimidade vía lei orgánica, vosdted  crense que haberá alguén co suficiente poder para parar este atropelo? Si, é certo que Podemos recorreu ao Constitucional, o cal lles honra, pero non lles parece que socialistas, populares e Cidadáns, á marxe de Vox, bloquearán no Congreso e no Senado calquera posibilidade de rectificación?


Perdido para a infamia o poder lexislativo, falta saber se o todopoderoso poder xudicial aguantará o tipo e obrigará aos partidos, que se din democráticos, a botar marcha atrás, aínda que, tras a sentenza de La Manada ou o que pasou co Supremo, a un éntralle francamente a dúbida. Oxalá esta opinión persoal deveña en criterio equivocado, aínda que moito me temo que a decisión tomada sexa inamovible e xa só quede pelexala na rúa, como agora fan os "chalecos amarelos" en Francia fartos de tanta prepotencia dos seus gobernantes, ou, talvez, enchendo a rede de protestas da xente, cando se dea conta do gol que se lle meteu pola escuadra sen preguntarllo nun sinxelo referendo.


Neste país están a ocorrer cousas moi estrañas e á liberdade individual acábana de ferir cunhas consecuencias imprevisibles no futuro. Para os que somos maiores e para os que deron a súa vida pola liberdade nada menos que nunha guerra civil, este '58 bis' é un insulto dunha baixura intolerable. A miña intimidade é miña, e o que eu pense ou senta non lle interesa a ningún partido político. Lucístesvos e debería caervos a cara de vergoña, se é que vos queda algunha, especialmente os partidos que outrora foron de esquerdas. Vós creedes que a Dolores Ibárruri ou a Pablo Iglesias Posse gustaríalles esta mamarrachada de articulito bis? Veña, a rectificar, caraduras…

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE