Abanca xa é "ibérica"

Manuel Fernando González Iglesias

EuropaPress 1682992 Abanca estu00e1 na segunda volta e mantén a súa interu00e9s en facerse coa rede espau00f1onda do portuguu00e9s Banco Caixa Geral


Ao grego Arquímedes debémoslle a frase "dáme un punto de apoio e moverei o mundo". Unha verdade científica que no mundo da banca vólvese inexorable cando se trata de crecer, sobre todo, se se esquece que ese punto de apoio non é unha mera posición física senón unha terra, unha lingua, unha xente e en definitiva unha realidade social que necesita que as entidades financeiras que nacen na súa contorna xeográfica dinamicen a vida dos seus poboadores.


Onte, os dirixentes de Abanca vendéronnos aos medios de comunicación a súa última fazaña financeira: a compra da filial española do Grupo Caixa Geral de Depósitos por 364 millóns de euros, operación de alto standing que resitúa ao banco do hispano-venezolano Juan Carlos Escotet no sétimo lugar das entidades financeiras españolas.


Que gana Galicia con iso? De momento, nada. Só que fiscalmente poida chegar á sede dun conglomerado "ibérico" de intereses que investirán os seus diñeiros alá onde máis lle interesen. E como as hemerotecas son tercas, rebuscar nelas é pensar, consecuencia? A este xornalista soáballe mellor aquela antiga música de Caixa Galicia,que buscaba modestamente unir os negocios do norte de Portugal coa Galicia máis lusista para beneficio de ambas as partes.


Morreron as Caixas galegas e o listo do pobo quedoullas por unha miseria, facendo así o maior negocio da súa vida. Agora tócalle ser aínda máis rico e mesturar astutamente as oficinas de Miami ou Venezuela coas de Madrid ou Estremadura, e de paso facerlle crer ao Goberno portugués que acertou coa súa decisión absurda de desprenderse dun dos seus activos bancarios e máis aínda por unha decisión tomada en Consello de Ministros.


O diñeiro en mans de personaxes como Escotet non ten patria, aínda que ás veces un goberno bolivariano fágache volver ás túas orixes para dar explicacións non desexadas. Escríboo desde o máis absoluto pragmatismo informativo, para que ninguén se confunda cando le publicidades enganosas sobre a galeguidade do proxecto Abanca, que agora pasa a ostentar, dunha tacada, a denominación de ibérico como o xamón de Guijuelo ou o Joselito de Xabugo.


Parabén ao banqueiro e o máis sentido pésame aos irmáns portugueses, cuxos políticos son xa como os nosos, que fixeron posible o despezamento das Caixas galegas e que quedaron retratados ante a historia como auténticos vendepatrias.


Menos mal que o bardo da Terra Chá deixou escrito aquilo de:


“Galicia somos nós, a xente e mais a fala. Se buscas a Galicia, en ti tes que atopala”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE