San Froilán comprometido na loita contra a violencia machista

Un servizo de autobuses nocturnos facilitará a chegada a casa das persoas que consideren que poden sufrir agresións machistas. As festas da capital lucense apostan pola concienciación sobre a violencia de xénero. 


|

Un servizo de autobuses nocturnos facilita a chegada a casa das persoas que consideren que poden sufrir agresións machistas. As festas da capital lucense apostan pola concienciación sobre a violencia de xénero. 


Autobuses 1 3

Lugo reforza o servizo de autobuses


O concello lucense ha posto a disposición dos asistentes ao San Froilán un servizo de autobuses nocturnos gratuítos, unha medida que se pon por primeira vez en marcha para garantir que as persoas que sentan acosadas, violentadas ou que crean que existe algún tipo de perigo para a súa persoa. Esta iniciativa enmárcase dentro da loita do consistorio contra a violencia machista e está ideada para que sexan as mulleres as principais usuarias deste servizo, coa intención de que as deixe preto das súas casas ou nos sitios que demanden, sen que isto signifique desviar o autobús da ruta asignada.


Con todo, esta non é a única medida contra a violencia machista vista ao longo deste San Froilán. A creación dun ‘Punto violeta’ na rúa Anxo López Pérez, que prestou servizo os pasados días 5,6 e 7 e que tamén estará activo o próximo día 12. Este punto súmase a outros espazos seguros no contorno feiral e é un engadido ao labor do persoal que informa e sensibiliza desta situación ao longo das xornadas festivas.


Tal e como reza o comunicado emitido polas festas do San Froilán “o concello volve apostar por unhas festas libres de agresións e por iso busca involucrar á cidadanía”. “Repartiremos vinilos, folletos e chapas que mostran o rexeitamento a este tipo de agresións, a se como os pases que recomendamos dar en caso de sufrir unha”, comentan desde a web.

Doutra banda, e tamén coa intención de poñer coto ás actitudes ou agresións machistas, desde o Concello anunciaron o reforzo do servizo de taxis para prestar aos asistentes á festa unha mellor cobertura.


Noutra orde de cousas, o concurso ‘Olladas San Froilán’ iniciará a súa andaina o próximo día 13 e estará aberto ata o 2 de novembro. Este concurso de fotografía e vídeo, impulsado polo Concello de Lugo, pretende difundir as festas a través de pezas audiovisuais de creación libre e que acheguen “a mirada de particulares e persoas participantes”. As bases do concurso atópanse na páxina web do San Froilán.  

relacionada Arrincan as festas do San Froilán 2018 de Lugo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE