​Junqueras non é Puigdemont

Manuel Fernando González Iglesias

Puig junqueras


Las últimas encuestas de dos diarios -más próximos a la derecha civilizada que a la izquierda- ‘La Razón’ y ‘El Español’ de Pedro J., nos dicen que los partidos españoles no son capaces, a día de hoy, de convencer a su electorado natural para que les voten mayoritariamente. Y como resulta que nadie puede gobernar por sí solo, la desesperanza ciudadana surge de nuevo porque a ver quién es el listo que pone de acuerdo a Ciudadanos con el PSOE de Sánchez o al PP de Casado con la formación de Rivera, cuando todos se están tirando los trastos a la cabeza sin la mas mínima concesión de entendimiento a la verdad del oponente.


Se seguimos así os nosos líderes volverán mirar cara ás maiorías anti-naturais en lugar de deixarse convencer pola lóxica de moitos parlamentos europeos do pacto e, por conseguinte, da repartición proporcional do pastel do poder. E como queira que a roda europea non deixa nunca de rodar, ata é posible que cando nos convenzamos que un mal pacto é mellor que un gran desacordo, cheguemos tarde, porque Europa xa navega noutros mares menos democráticos.


Nese sentido haberá que prestarlle moita atención ás eleccións da moi civilizada Suecia, que por defender o Estado de Benestar pode caer en mans da extrema dereita, afundindo nesa tempestade á socialdemocracia que tanto coidou Sven Olof Joachim Palme ata que o asasinaron alá polo xa afastado 1982 -como pasa o tempo!-.


E mentres reflexiono sobre o que significou para os socialistas españois a figura de Palme ou a de Willy Brandt, leo que Torra di que a única sentenza xusta para os seus políticos presos é a absolución dos cargos que se lles imputa por parte da Xustiza española.


Home, Honorable, a min paréceme que, postos a ser xustos, Junqueras non se merece a mesma carga penal que Puigdemont, debido a que este fuxiu do país mentres lle recomendaba aos seus compañeiros de Govern que o luns habían de volver ao despacho oficial, cousa que varios fixeron, mentres el íase correndo a Bruxelas.


Detalle de felón que agora recollerán os dous libros que se van a publicar sobre o tema, non se se co taco que lle saíu da alma a Artur Mas cando se decatou que se lle fuxiu "o hereu" ou sen el, pero que deixa ás claras que a moralidade do líder de Esquerra é unha e a do Puchi outra moi distinta e oposta. Un detalle que non debese deixar indiferente nin a fiscais nin ao Tribunal, como non nos deixou indiferentes a moitos cataláns non independentistas.


Como o curso non fixo máis que abrirse -por certo cunha entrevista "plana" de Sánchez a Pepa Bo na SER onde sinó?-, xa teremos tempo de comentar con Vds. o que vaia sucedendo en "o paraíso catalán" para que o xulguen.



Artigo orixinal publicado en catalunyapress.es

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE