As reunións entre o presidente do goberno e o líder da oposición sempre levantan expectación polos temas que van abordar nas mesmas, as discrepancias sobre determinados temas que algúns chaman ideolóxicos e as posibilidades de chegar a acordos en determinadas materias que son estratéxicas para o país. Aí, os acordos deberían estar por encima das diferenzas políticas. O que ocorre é que en España non hai tradición de pactos. Habería que facer un esforzo por parte de todos para chegar a consensos nos grandes temas de Estado.
Este xoves, o presidente do goberno, Pedro Sánchez recibía no palacio da Moncloa ao novo presidente do PP, Pablo Casado, no que foi a súa presentación oficial e de paso falar das cuestións que lle preocupa ao líder popular. Neste primeiro encontro considerado de cordial, quedou claramente reflectida a “nova “política do PP, que non colleu de sorpresa a ninguén porque ao longo destes días, Casado foi soltando perlas que non deixan dúbidas do xiro á dereita aznariana que tomou o partido da rúa Génova.
Non lle vai tremer a man nestas e outras medidas “disuasorias”... É máis, advertiulle a Sánchez que non ceda á chantaxe, porque os terán en fronte.
Outros dos temas que expuxo o popular é o fortalecemento institucional en todos os ámbitos. Reforma de a Lei electoral. Baixadas de impostos, que iso queda moi ben, e uns cantas cuestións máis. Marcoulle o terreo de xogo no que quere xogar e as regras ás que non está disposto a renunciar. Claro, rotundo, intransixente e disposto a todo para recuperar os votos perdido estes últimos anos e sumar votos da dereita que se veu sentindo orfa.
A Casado interésalle mostrar, cunha linguaxe dura, que con el as cousas van ser diferentes. Os consellos do seu pai político, Aznar, está disposto a levalos á práctica: novos tempos, vellas prácticas. Renovación? Haberá que seguir de preto os acontecementos.
O presidente popular é un bo orador, ten boa imaxe, transmite seguridade e decisión, elementos importantes en política. Véndese moi ben, non hai dúbida.
Isto non é unha maratón, é unha carreira curta que todos queren gañar e colgarse a medalla de ouro.
A reunión deixou claro, aínda que sexa en segredo, a postura de PP en determinados temas e ata onde están dispostos a chegar. Só haberá que cualificala de postureo por ambas as partes, algo que está de moda hai xa algún tempo.
Escribe o teu comentario