A trixésima edición do Congreso Internacional de Geriatría y Gerontoloxía xa está en marcha
A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría celebra unha rolda de prensa o xoves 19 o XXX Congreso Internacional de Geriatría y Gerontoloxía
XXVII edición do Congreso | Imaxe: Congreso Internacional SGXX
Os días 1 e 2 de xuño a sede de Afundación de Vigo acolle o XXX Congreso Internacional de Geriatría y Gerontoloxía, organizado pola Sociedade Galega de Xeontoloxía e Xeriatría (SGXX). A trixésima edición do encontro prevé reunir por centos de congresistas de España, Portugal, Chile, Arxentina, Perú e Estados Unidos, entre outros países, baixo o lema "Lonxevidade. Análise e propostas para unha sociedade de futuro: ferramentas técnicas e programas".
Os preparativos xa están en marcha, e a SGXX organiza unha presentación o xoves 19 ás 11.30h na sede do Colexio Oficial de Médicos de Vigo co presidente da sociedade, Miguel Ángel Vázquez Vázquez; o presidente do Comité Organizador do Congreso, Javier Pérez Martín; e o presidente do Colegio Oficial de Enfermería de Pontevedra, Carlos Fernández Gómez.
Os presidentes presentarán o Congreso e falarán sobre as medidas de contención físicas e farmacolóxicas en persoas usuarias, así como de a necesidade de ampliar o número de unidades xeriátricas en Galicia -denuncian que a Comunidade só dispón e dúas, "o que é insuficiente a todos os niveis"-, e o recoñecemento da especialidade de enfermería xeriátrica.
Escribe o teu comentario