Mesa redonda sobre os dereitos do paciente en Santiago

A Asociación de Pacientes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago orgnizza a mesa "Os dereitos dos pacientes e a resolución de conflitos no Servizo Galego de Saúde: Vías e procedementos para facelos valer" no Centro Sociocultural do Ensanche o mércores 18 de abril ás 19.30h.


|


Gripeinfeccionrespiratoriamedicopacientecamillaambulatorio


Con motivo do Día Europeo dos Dereitos do Paciente, a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS organiza unha mesa redonda baixo o título "Os dereitos dos pacientes e a resolución de conflitos nn Servizo Galego de Saúde: Vías e procedementos para facelos valer". O relatorio terá lugar o mércores 18 de abril ás 19.30h no Centro Sociocultural do Ensanche de Compostela. 


A Asociacion denuncia "un limbo xurídico de dimensións colosais" que afecta o exercicio real "dos dereitos recoñecidos aos pacientes e usuarios", xa que, segundo din nun comunicado, "o ordenamento xurídico vixente non contempla ningún procedemento administrativo particular, áxil, obxectivo e eficiente que lle permita ao paciente e usuario facer valer os seus dereitos". 


Identifican cinco tipos de órganos de reclamación no Sistema de Saúde Galego: os servizos de atención ao paciente, as xerencias, o valedor do pobo, a inspección sanitaria e os Comités de Ética Asistencial. Para a Asociación de Pacientes a maioría das reclamacións, queixas e recursos interpostos ante estes organismos "non son contestadas", "non teñen ningunha consecuencia sobre a situación do paciente", "resólvense a favor da administración" ou "non se abre ningún trámite inspector".


Eugenio Moure González, avogado especialista en dereito sanitario, e Miguel Anxo García Álvarez, psicólogo clínico do CHUS  e expresidente do Comité de Ética Asistencial, son os relatores que participarán nesta mesa redonda. 

relacionada CESM-O'Mega acusan o Conselleiro de Sanidade de disfrazar as cifras sobre o CHUS

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE