CESM-O'Mega acusan o Conselleiro de Sanidade de disfrazar as cifras sobre o CHUS
Tras as declaracións do Conselleiro de Sanidade ante o Parlamento de Galicia sobre o funcionamento do servizo de urgenias do CHUS, a coalición CESM-Ou'Mega fixo público un comunicado en resposta ás cifras achegadas por Almuíña.
Tras as declaracións do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, ante o Parlamento de Galicia sobre o funcionamento do servizo de urgenias do CHUS, a coalición CESM-O'Mega fixo público un comunicado en resposta ás cifras achegadas polo popular.
Almuíña expuxo os seus datos na comparecencia: as usuarias do servizo de urxencias do Hospital Clínico de Santiago esperan unha media de 47 minutos ata ser atendidas e cada profesional de urxencias atende de media a 13,6 pacientes ao día.
A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) e Médicos de Galicia Independentes (O'Mega) acúsano de inexactitud. "Non se trata dunha media, senón de o número mínimo de pacientes que vai a cada factultativo en cada quenda de 7 horas", declara a coalición no seu comunicado, e aclaran que é moi frecuente que "os facultativos teñan que encadear dúas quendas". Acusan tamén o Conselleiro de "disfrazar outros números menos presentables" con medias para ocultar "as carencias de medios e persoal".
A coalición denuncia a falta de persoal, que obriga ás profesionais a atender a máis pacientes por quenda dos recomendados e a traballar máis horas que a súa xornada ordinaria. "O problema radica en que para aforrar recursos, a Xerencia do CHUS non responde en tempo e forma a unha demanda recorrente que mantén aos pacientes pendentes de ingreso acumulados en urxencias", declaran.
Escribe o teu comentario