Esperando todo o día pola quimioterapia cun bocadillo e un iogur
A Asociación de Pacientes de Usuarios do Complexo Hospitalario Universitario (CHUS) de Santiago alerta -e remite fotos- das “deficiencias inaceptables” que aguantan os enfermos cando teñen que esperar pola quimioterapia ou por tratamentos na unidade de Hematoloxía.

“As persoas que acudimos a recibir tratamentos de quimioterapia continúamos esperando desde a mañá ata última hora da tarde para empezar a nosa sesión, todo este tempo sen unha previsión aproximada de cando imos ser atendidos, recibindo un bocadillo e un iogur ao mediodía, a non ser no caso de pacientes diabéticos”, relatan.
Ademais dun cadro de persoal “insuficiente” -o que provoca longas esperas- sinalan outros defectos como “carencia de privacidade, escaseza de asentos que fai que todos os días haxa persoas de pé, longas esperas, tanto para recibir o tratamento como para as consultas programadas (...) que se poden alongar ata dúas horas ou mesmo máis” O colectivo transmite que a espera para moitos pacientes nestas condicións é “insoportable”.
A Asociación recoñece que o CHUS deu un paso adiante ao separar as salas de espera de hematoloxía e oncoloxía. Pese as “melloras” -como máis padiolas- continúan as “deficiencias inaceptables que nos sitúan por baixo dos estándares fixados polo Ministerio de Sanidade”. Como proba remiten varias fotos das salas de espera.
Escribe o teu comentario