Problemas de hixiene forzan a aprazar ducias de operacións no SERGAS

A horas da que se prevé nova manifestación masiva en defensa da sanidade pública, a Xunta ten que admitir que polo menos 32 operacións foron aprazadas ao aparecer partículas brancas nos contedores que portan o material para as intervencións.


|


A horas da que se prevé nova manifestación masiva en defensa da sanidade pública, a Xunta ten que admitir que polo menos 32 operacións foron aprazadas ao aparecer partículas brancas nos contedores que portan o material para as intervencións.



Quirofanohibridocunqueiro

Quirófano no hospital Álvaro Cunqueiro

A aparición dunhas partículas brancas nos contedores metálicos nos que se transporta o material esterilizado obrigou ao Sergas para suspender varias intervencións cirúrxicas en Vigo (que serán reprogramadas) para garantir a seguridade dos pacientes, e manter só as operacións urxentes.

Así o confirmaron este xoves fontes de Sanidade, tras a denuncia realizada polo sindicato CC.OO., que criticou a suspensión de "numerosas intervencións cirúrxicas" nos hospitais de Vigo por "problemas co material de esterilización".

O Sergas admitiu "incidencias" no esterilizado dos contedores do instrumental cirúrxico da Central de Esterilización, e sinalou que a EOXI de Vigo "xa adoptou medidas para minimizar o impacto".

Segundo sinalaron fontes de Sanidade, detectáronse unhas partículas brancas (que se están analizando) nos contedores de aluminio nos que se transporte o material esterilizado. Por iso, como medida preventiva e "facendo prevalecer o principio de máxima seguridade para os pacientes", decidiuse "priorizar toda a actividade cirúrxica urxente e aprazar algunhas intervencións programadas, mentres non se liquiden estas incidencias".

MÁIS DE 30 OPERACIÓNS APRAZADAS
As mesmas fontes informaron do adiamento de 7 intervencións "non urxentes" previstas para este mércores, e outras 25 (das 103 programadas) previstas para este xoves. Todas elas "serán reprogramadas para os próximos días".

Ademais de aprazar esas operacións, a EOXI xestionou o préstamo doutros contedores procedentes doutros centros sanitarios, e decidiuse tamén utilizar outros soportes, como as bolsas estériles. "De ser necesario, tamén se recorrerá á esterilización transitoria do material noutros centros", engadiron fontes sanitarias.

Finalmente, o Sergas lembrou que a Central de Esterilización do Meixoeiro está acreditada coa ISO 9001-2000, e é o único complexo hospitalario público de Galicia que conta con ese recoñecemento, "que garante o cumprimento dos procesos cos máximos criterios de calidade e seguridade"

Con todo, a Federación de Sanidade de CC.OO. denunciou que "non é admisible" unha situación "que vén repetindo con máis frecuencia da desexada", e lembrou que este tipo de problemas "non axudan" a diminuír unhas listas de espera que son "as maiores de Galicia".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE