Xinecología do Chuac mantén a folga do 16 de abril tras "tres reunións sen acordo"

Lamentan os "contratempos" e aseguran que a súa principal reivindicación é "equipararse" aos servizos de Santiago e Vigo




|


ComplejoHospitalarioUniversitariodeACorua CHUAC area


Despois de tres reunións coa dirección da Estutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) da Coruña, o comité de folga do Servizo de Obstetricia e Ginecología do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) mantén a folga convocada do 16 ao 21 de abril.


Segundo explicou o comité nun comunicado, non se puido chegar a un acordo "que poña fin á convocatoria de folga" nos encontros, aínda que se mostra aberto á negociación.


Dos motivos do paro, explica que "a principal reivindicación, que era a dotación dun terceiro facultativo de garda de presenza física, a fin de equipararnos ao Complexo Universitario de Santiago (CHUS) e ao de Vigo (Chuvi), non foi aceptada" e engade que se lles expuxo unha alternativa "intermedia", que rexeitaron.

"DESEQUILIBRIO" NOS RECURSOS
No seu comunicado, afirman que "non é de recibo" que o Sergas "consinta ese desequilibrio nos recursos asignados á asistencia, de modo que un hospital que atende a bastante menos poboación que o da Coruña, como é Santiago, teña tres facultativos especialistas dedicados á atención urxente das mulleres, e na Coruña só dúas".

"Non é xa que sexa un agravio comparativo, senón que supón unha infradotación de persoal na Coruña que impide atender correctamente á poboación en situación en ocasións en que periga a saúde non dunha senón dúas persoas (a nai e o fillo que porta), como así veu a consideralo a propia Sociedade Galega de Obstetricia e Ginecología".

Con todo, móstranse dispostos a seguir negociando, aínda que piden xa desculpas polos "contratempos" que poidan derivarse da súa protesta, apoiada por 31 dos 40 médicos que compoñen o servizo.

relacionada O BNG defende unha proposición de lei para mellorar a Atención Primaria con 223 millóns de euros
relacionada ASMIG acusa os sindicatos de utilizar ao persoal médico cunha situación laboral precaria como "moneda de cambio" co Sergas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE