O BNG defende unha proposición de lei para mellorar a Atención Primaria con 223 millóns de euros

A portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, defendeu a proposta do Bloque Nacionalista Galego para "sufragar un plan de mellora urxente" da Atención Primaria, "a gran damnificada das políticas de recortes, desmantelamento e privatización da sanidade pública do PP".


|

MONTSEPRADO PLENO

A portavoz de Sanidade, Montse Prado | Imaxe: BNG


O BNG propón un plan urxente de 223 millóns de euros para mellorar a Atención Primaria (AP). A portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, defendeu a proposición de lei sostendo que é a porta de entrada ao sistema. "A atención primaria está afogada, colapsada, non é resolutiva e iso deriva en fragmentación do sistema", declarou a portavoz. 


A proposta das nacionalistas baséase nunha dobre vía de financiamento. Por unha banda a formación expón un incremento do IRPF ás rendas máis altas, unha rebaixa da exención de pago do imposto de patrimonio desde os 700.000 euros aos 300.000 e a imposición dun imposto de nova creación ás grandes superficies, que "permitirían recadar 135 millóns de euros". Por outra banda, propoñen modificar as partidas orzamentarias, que "sumarían 92 millóns".


O grupo parlamentario busca así atallar "a masificación das consultas con profesionais con cotas moi por encima dos ratios marcados, a falta de substitucións", así como as "listas de espera e axendas pechadas  consultas que quedan desatendidas cando as profesionais teñen que atender urxencias fose do centro". 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE