A sede do goberno autonómico en San Caetano estará rodeada por miles de persoas procedentes de toda Galicia. Así o declaran desde a Plataforma Ulloa Viva que para este domingo 30 de xuño levarán até a capital galega a súa protesta contra a macrocelulosa que Altri planea instalar en Palas de Rei
Conta co apoio de numerosos colectivos e asociacións, de forma que se organizaron diferentes buses que levarán a participantes desde as catro provincias