O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou que aínda hai "unha marxe ampla de manobra" nos hospitais galegos, cunha media do 50 por cento de camas baleiras, polo que "neste momento é posible" non chegar a empregar os hospitais de campaña.
A crise sanitaria do coronavirus e as consecuencias derivadas das restricións para a cidadanía adoptadas polos distintos países para combater o virus situaron no foco global a preocupación dos ciberataques. Unha preocupación á que nin España nin tampouco Galicia son alleas, sobre todo nos planos da administración pública e do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
As boas noticias é que as UCIs do SERGAS seguen gañando espazo. As malas é que a curva de novos casos rexistra a súa maior subida desde o luns.
Así se dobra a carga vírica á que se expoñen os enfermeiros, quéixase SATSE.Por agora, o SERGAS non respondeu a estas protestas, remitidas aos medios esta mesma.SATSE lembra que España é un dos estados con máis contagios entre o seu persoal sanitario.
O número de pacientes nas UCIs do SERGAS segue baixando. Os de hoxe son só tres menos que os de onte, pero o importante é que encadeamos seis xornadas seguidas de descenso.
O cómputo oficial é falso simplemente porque ata hoxe estivo dividido. Por unha banda ían os mortos en hospitais, por outros os mortos en residencias. E ningunha fonte oficial sumábaos.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, saíu ao paso despois da denuncia da CIG que acusaba o Goberno autonómico de despedir aos sanitarios infectados por coronavirus se estes tiñan contratos temporais, unha denuncia da que tamén se fixo eco Gómez-Reino.
Son 158 os ingresados por coronavirus, catro menos que onte.Como Galicia ten 254 camas de coidados intensivos, isto significa que os enfermos de COVID-19 supoñen agora aproximadamente o 62% das camas dispoñibles.
Hai ducias de anciáns galegos, poida que centos, enfermos de coronavirus que non figuran nos datos oficiais. Cada vez que a Xunta fai test a todos os residentes de certos centros, o salto na estatística de positivos é evidente e desolador. Se non fose porque non sabemos cantas residencias poden estar a pasar por dramas así, coas cifras publicadas este domingo, poderiamos aventurar que o peor do coronavirus en Galicia xa pasou, ou está preto de pasar.A lóxica pon en cuestión a fiabilidade dos datos de positivos en Galicia.
Se algunha crítica escoitou Alberto Nuñez Feijóo no seu mandato é a de privatizar a sanidade. Sorprende pois escoitar á patronal dos hospitais privados arremeter contra a súa xestión da crise do coronavirus.
Vomitonas sen limpar, 10 traballadoras para máis de 100 anciáns con coronavirus, falta de material básico e contaminación por todas as partes. Este é o relato dunha sanitaria a que a Xunta chamou onte para combater a crise do coronavirus na residencia de maiores DomusVi de Aldán (Cangas), unha durísima descrición ao que tivo acceso Galiciapress. Os datos oficiais din que hai xa seis falecidos e máis de 100 infectados. Se non chegan máis medios xa, o balance final será moito peor porque, di a enfermeira, "non é tan bonito como o poñen pola tele".