Feijóo sostén que non se despedirá a sanitarios con contratos temporais infectados con coronavirus, como denunciou CIG
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, saíu ao paso despois da denuncia da CIG que acusaba o Goberno autonómico de despedir aos sanitarios infectados por coronavirus se estes tiñan contratos temporais, unha denuncia da que tamén se fixo eco Gómez-Reino.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, saíu ao paso despois da denuncia da CIG que acusaba o Goberno autonómico de despedir aos sanitarios infectados por coronavirus se estes tiñan contratos temporais, unha denuncia da que tamén se fixo eco Gómez-Reino.
O titular do Executivo galego apelou á necesidade de contar con todos os efectivos dispoñibles nestes momentos de crises e considerou "imprescindibles" á "inmensa maioría" de profesionais sanitarios. A día de hoxe, segundo a Xunta, son 629 os sanitarios infectados, o que suponene o 10% do total de positivos en Galicia.
"Entendemos que a inmensa maioría seguirán sendo absolutamente imprescindibles para traballar no SERGAS ou en servizos sociais", subliñou Feijóo. "O problema que temos agora é ter suficiente persoal para traballar en servizos hospitalarios. Desde o punto de vista da demanda de contratos sanitarios e sociais será crecente, non vai baixar substancialmente", alegou, á vez que exemplificou isto coa decisión de contratar médicos MIR e profesionais de enfermería na súa última fase de formación.
HERÓES DE TARDE; DESPEDIDOS DE MAÑÁ
A reacción de Feijóo chega despois da denuncia da CIG, que o martes criticou o trato dispensado desde o SERGAS aos sanitarios, despedindo a aqueles con contratos temporais contaxiados co virus. Nesa liña, tamén se fixo eco Antón Gómez Reino, portavoz de Galicia en Común - Anova Mareas, que cargou contra a Xunta e esixiu a comparecencia no Parlamento de Galicia do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.
Gómez-Reino tachou de “intolerable” a actitude do SERGAS cos sanitarios "aos que a cidadanía aplaude pola tarde” e que son “despedidos pola Xunta pola mañá”. “O mínimo que debería facer a Xunta é garantirlles un contrato único mentres dure a emerxencia”, reprocha.
Do mesmo xeito, puxo a lupa sobre as privatizacións e recortes que veñen dando en sanidade desde hai anos, ademais de reiterar a necesidade de intervir as residencias de anciáns.
REFORZO EN RESIDENCIAS
Doutra banda, Feijóo tamén reivindicou que a Xunta reforzou "con 634 profesionais" as residencias e asegurou que desexase "contratar a máis xente". "Pero hai quen renunciou ou con quen non se puido contactar", explicou.
Así as cousas, insistiu no seu chamamento a que todo aquel con "coñecementos sanitarios" póñase "a disposición" da administración galega.
Escribe o teu comentario