Repuntan un pouco os positivos de coronavirus pero as UCIs seguen gañando espazo, indican as gráficas de Galicia

Son 158 os ingresados por coronavirus, catro menos que onte.Como Galicia ten 254 camas de coidados intensivos, isto significa que os enfermos de COVID-19 supoñen agora aproximadamente o 62% das camas dispoñibles.


|

Os datos de persoas ingresadas na UCI en Galicia seguen en bo camiño por quinto día consecutivo. Son 158 os ingresados por coronavirus, catro menos que onte.


Como Galicia ten 254 camas de coidados intensivos, isto significa que os enfermos de COVID-19 supoñen agora aproximadamente o 62% das camas dispoñibles. De seguir así, Galicia esquivará o colapso de coidados intensivos, que agora ameaza a Catalunya e varias cidades de EE.UU.





No referido ao número de positivos, o Ministerio conta nos seus datos oficiais 6.538. Son 207 positivos acumulados máis que onte. Un número non do todo malo; aínda que sexan 27 casos diarios máis que o martes está lonxe dos 300-400 da semana pasada.





A desaceleración xeral e o pequeno repunte de hoxe tamén é visible tamén na gráfica que conta os casos acumulados totais. 




A porcentaxe de variación relativa do total de novos contagios diarios permite observar que el repunte de hoxe en Galicia non parece moi importante, nin por agora implica un cambio de tendencia:





A gráfica logarítmica de novos casos en Galicia e España segue aplánandose, aínda que aínda non do todo:



Tamén en España hoxe houbo un pequeno repunte de novos casos positivos. As boas noticias é que é un repute moderado, a niveis dos mellores días das semanas anteriores:




No referido a falecementos, as mortes por día esborrállanse ata 9, pero este é un dato falso ou polo menos enganoso. A Xunta non facilita ao Ministerio as mortes en residencias, que son aproximadamente o 20% do total. En Galicia, as autoridades sanitarias só están a contar os mortos en hospitais.


Por tanto, a gráfica permite ver que o número de falecementos entre a poboación fóra de residencias segue caendo, pero non representa a realidade do conxunto do problema. En Galicia está a morrer máis enfermos positivos de COVID-19 todos os días da que sinalan os datos oficiais:




A confusión, deliberada ou non, dos datos de mortos en Galicia alixeira tamén o cómputo español. Ademais, hai outras autonomías que tampouco están a remitir os falecementos fóra de hospitais.


En todo caso, como este problema parece que leva arrastrando desde o principio, a gráfica de falecidos sería significativa para interpretar a evolución da pandemia. No referido a España, de novo hai un pequeno repunte, por segundo día consecutivo, con 757 falecidos:




A nivel internacional, preocupante o repunte de falecidos en Francia. Aínda máis preocupante a gráfica de Estados Unidos, que non dá mostras de frear a súa carreira mortal :






 


Iz1Dg pacientes de coronavirus ingresados en ucis de galicia (5)






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE