Necesita Galicia hospitais de campaña para o coronavirus? Feijóo deféndeos; a patronal, Podemos e EU cuéstionanos


Se algunha crítica escoitou Alberto Nuñez Feijóo no seu mandato é a de privatizar a sanidade. Sorprende pois escoitar á patronal dos hospitais privados arremeter contra a súa xestión da crise do coronavirus.


|

Se algunha crítica escoitou Alberto Nuñez Feijóo no seu mandato é a de privatizar a sanidade. Sorprende pois escoitar á patronal dos hospitais privados arremeter contra a súa xestión da crise do coronavirus.


A Alianza da Sanidade Privada Española (ASPE)  denuncia que Galicia "parece dar ordes expresas recentes de que os pacientes vaian a hospitais de campaña e non a centros sanitarios privados". Vaia, que os hospitais improvisados que está a montar o Goberno na Coruña e Santiago serían superflúos, polo menos por agora, dado que a sanidade privada di que dispón de camas libres. Galicia é a única comunidade que se cita explicitamente na nota da patronal.


O presidente galego contestou na súa rolda de prensa de hoxe.  Alberto Núñez Feijóo, defendeuse das críticas por poñer en marcha dous hospitais de campaña en Expocoruña e o compostelán Multiusos do Sar e, tras manifestar o seu desexo de que "non fagan falta" --primeiro "esgotaranse" os recursos dos hospitais públicos e privados--, esgrimiu: "non hai confirmación" de que a crise sanitaria do COVID-19 alcanzase "o punto álxido". 


Operarios limpando contedores para o hospital de campau00f1a por o coronavirus en Expocoruu00f1a

Operarios limpando contedores para o hospital de campaña de Expocoruña nunha foto do concello da Coruña


Segundo a Xunta, nestes momentos son 124 os pacientes con esta patoloxía ingresados en hospitais privados da comunidade. Pacientes por os que "evidentemente, váiselles a pagar" pola asistencia, declarou Feijóo


A de ASPE non é a única voz que cuestiona a finalidade dos hospitais de campaña galegos. A representante do sindicato O'Mega nas urxencias do CHUS de Santiago tamén o puxo en dúbida. En opinión de esta  médica de urxencias "se abre ese hospital será para facerse publicidade, moi mal tense que poñer isto para chegar a necesitalo".




Eva Solla -enfermeira, deputada galega e líder de EU- súmase ao momento de vista de Nercellas. Na súa opinión, aínda quedan prazas na pública e na privada polo que ve os anuncios da Xunta como algo "irresponsable".




Tamén o líder de Podemos Galicia cuestiona o anuncio de hospitais de campaña en Galicia. Antón Gómez Reino -deputado estatal e que superou o coronavirus- reclama que se interveñan as prazas dos hospitais privados.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE