Case tres millóns de euros para o mantemento de portas automáticas e escaleiras mecánicas do Sergas
Con todo, as empresas interesadas en participar neste procedemento terán até o próximo día 27 de xuño para enviar as súas ofertas.
O Portal de Contratos Públicos de Galicia publicou a licitación, por un importe de 2.942.841 euros, do servizo de mantemento dos elevadores, portas automáticas e motorizadas e das escaleiras mecánicas dos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde (#Sergas).
Segundo explicou a Xunta nunha nota de prensa, o contrato abarca o mantemento de 1.573 equipos das sete áreas sanitarias, "tendo como obxectivo principal o seu mantemento, en termos de funcionamento e seguridade".
O contrato terá unha duración inicial de tres anos e prevé a posibilidade de prórroga por un máximo de dous anos máis. En concreto, dos máis de 1.500 equipos que inclúe o expediente, 520 son ascensores, 20 escaleiras mecánicas, 26 montacargas, 987 portas automáticas e 20 portas motorizadas.
Con todo, as empresas interesadas en participar neste procedemento terán até o próximo día 27 de xuño para enviar as súas ofertas.
Escribe o teu comentario