Os test rápidos que mandou Moncloa non valen para anciáns, hospitais ou urxencias segundo un médico da Xunta

O doutor Vázquez Lima asegura que os test rápidos non serven para facer cribados en residencias de maiores, urxencias ou entre profesionais sanitarios

|

Xunta e Estado seguen intercambiando golpes políticos en plena crise polo COVID-19. Hai o Goberno Gallego difunde a entrevista a un experto que limita a utilidade das probas rápidas 


Os profesionais do comité de xestión da crise sanitaria da Xunta determinaron que os test rápidos enviados polo Goberno "non teñen utilidade clínica" pois "non distinguen" entre a fase de enfermidade na que se atopa o paciente e, por tanto, non poden ser empregados para facer cribados en residencias de maiores, en urxencias ou entre os profesionais sanitarios.


O doutor José Manuel Vázquez Lima, membro do comité de crise sanitaria da Xunta

En unha entrevista difundida pola Consellería de Sanidade , pero que non figura en ningunha das súas webs, na tarde deste martes,  o doutor José Manuel Vázquez Lima, membro do comité e Presidente da Sociedade Española de Medicina de Urxencia e Emerxencia, lamentou que o 57.000 test rápidos recibidos o luns en Galicia non son os esperados, pois "non distinguen" entre os anticorpos que xera o sistema inmunológico na primeira fase da enfermidade ou na final, o que impide saber se unha persoa contaxia o coronavirus ou non.

"Estes test detectan a nosa resposta inmune, como respondemos ao virus, se producimos anticorpos ou non. Estes anticorpos pódense producir en fase primeira da enfermidade ou na final, cando xa vas curarche. Os test que nós pediamos din se estás na fase aguda da enfermidade, cando es contaxioso, ou na final", argumentou Vázquez Lima, que incidiu en que as probas remitidas polo Goberno central "non distinguen" entre os anticorpos e "só fan unha medición global".

Por tanto, segundo o comité de crise, estes test non teñen aplicación clínica e non poden ser empregados para facer "cribados" en residencias de maiores ou nos servizos de urxencia, e tampouco serven para os profesionais sanitarios.

USARANOS PERO NON SABEN COMO
Deste xeito, a realización dun PCR para confirmar sigue sendo "impepinable", engadiu Vázquez Lima. "Para saber se está na fase de aguda temos que facer a PCR igual, co problema de que tarda tempo, é máis lenta", apostilou.

"Estes test poden ter utilidade para saber como a poboación contactou co virus. Pero iso é un estudo epidemiolóxico", apuntou, antes de aseverar que o gabinete de Microbiología e Preventiva "están a estudar como se pode sacar algo de rendemento a estes test".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE